XIII ENCONTROS DE NADAL (MUGARDOS) 3ª XORNADA

FINALIZA O GRUPO PARA OS PREBENXAMÍNS

Na tarde do mércores 28 de decembro, tivo lugar no Pavillón do Cristo, en Mugardos, a terceira xornada dos tradicionais ENCONTROS DE NADAL CONCELLO DE MUGARDOS. Por parte do Numancia, o equipo prebenxamín finalizou a fase de grupos con seguintes partidos:
 
NUMANCIA DE ARES, 1-  GALICIA DE MUGARDOS “B”, 2
 
NUMANCIA:.Miguel, Óscar, Jaime, Manu, Iván, Carlos e Marcos Margharetto
Partido no que os rapaces máis novos do equipo prebenxamín do Numancia comezaron por diante. Unha boa segunda metade do equipo mugardés permitiulle finalmente darlle a volta ó encontro para derrotar ó Numancia no partido.
 
 
NUMANCIA, 0 - SD VAL, 2
 
NUMANCIA : Martina, Lucas, Sergio, Jony, Martín, Diego, Raúl e Marcos Rey
 Os nenos máis veteranos deste Numancia prebenxamín plantaron cara a un Val que finalmente levouse o partido grazas ós dous tantos anotados durante o mesmo.
 
Os prebenxamíns do Numancia finalizan a fase de grupos na 4ª posición. O venres xogarán ante o 4º clasificado do outro grupo ás 17:00. Posteriormente, ás 19:45 terán a clausura do Torneo e a entrega de medallas xunto co resto dos equipos participantes no mesmo.
 
Para a tarde de mañá xoves temos dous novos partidos para o equipo biberón do Numancia. Ás 16:25 mediranse co Perlío e ás 19:45 farán o propio coa SD Val “B”. Estes partidos decidirán a posición final no grupo para o Numancia, o que conleva a hora definitiva do partido do venres.
 
¡¡¡Vémonos todos en Mugardos este xoves¡¡¡
 
 
¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.