XIII ENCONTROS DE NADAL (MUGARDOS). 1ª XORNADA.
PRIMEIRA XORNADA DE DIVERSIÓN EN MUGARDOS
Na tarde do luns 26 de decembro, daban comezo no Pavillón do Cristo, en Mugardos, os tradicionais XOGOS DE NADAL CONCELLO DE MUGARDOS. O primeiro equipo do Numancia en debutar foi o prebenxamín, que xogou ós seguintes partidos:
NUMANCIA DE ARES 0 – CCRD PERLÍO 2.
NUMANCIA: Martina, Lucas, Sergio, Jony, Martín, Diego, Raúl e Marcos Rey.
Neste partido, o Numancia xogou cun equipo integrado na súa totalidade por xogadores de segundo ano, agás Marcos Rey. Nun partido igualado, a forza dos numantinos viuse superada pola colocación e acerto goleador do Perlío, que se levaría a vitoria no partido.
NUMANCIA 2 - RÁPIDO DE NEDA 1.
NUMANCIA: Miguel, Óscar, Jaime, Manu, Iván, Carlos e Marcos Margharetto.
Neste segundo partido da tarde, o Numancia cambiou o equipo por completo. Entraban en escena os restantes xogadores de primeiro ano, axudados polos seus compañeiros mais veteráns, Óscar e Jaime. Gran partido do Numancia, xa que pese a comezar perdendo, foi quen de remontar o partido grazas a loita e coraxe amosada neste partido polos nenos ante un bo equipo de primeiro ano como o Neda.
Coa xornada do luns, os prebenxamíns do Numancia xogaron xa dous partidos da fase de grupos, tendo que xogar os dous restantes na tarde do mércores. Na xornada do venres xogarán o partido final; a hora dependerá polo posto que pelexen no Torneo.
Para a tarde de mañá martes, a familia numantina estará representada polo equipo biberón, que debuta neste Torneo. Xogarán ás 17:40 ante o G. Mugardos “B” e ás 19:20 ante a SD Val “B”.
¡¡¡Esperamos a toda a afición numantina durante esta bonita semana de fútbol en estado puro no Pavillón do Cristo en Mugardos¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡