XORNADA DE CONVIVENCIA G. MUGARDOS - NUMANCIA.
O vindeiro mércores 11 de maio terá lugar unha xornada de convivencia, no recentemente estreado campo de herba artificial de A Predeira, entre os Clubs Galicia de Mugardos e Numancia de Ares.
Os equipos de biberóns, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís de ambas entidades poderán disfrutar das instalacións nuns partidos amigables programados para o evento.
Para ver o calendario da xornada PICA AQUÍ.