ELECCIÓNS SDR NUMANCIA
ACTA DE CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
Onte, domingo 16 de xaneiro, ás 16.45 h., na secretaría da SDR Numancia, constituíuse a Xunta Electoral que regulará o proceso electoral de renovación da xunta directiva. Seguidamente, acordaron aprobar o censo e o calendario electorais. Publicamos unha copia da acta da reunión.
Ares, 17 de xaneiro de 2011.
Segundo os artigos 12º-1 e 13º-3 , a Xunta Directiva da Asociación Recreativa Numancia acorda en reunión do 7 de xaneiro de 2011 abrir o proceso electoral para a renovación da súa Xunta Directiva, polo que se constitúe a Xunta Electoral que será a encargada de regular todo o proceso electoral e que queda formada polos seguintes socios :
• D. Antonio Rodríguez Martínez, que actuará como presidente.
• D. J. Luis Casás Fachal , que actuará como secretario.
• D. Antonio Díaz Fernández, que actuará como vocal.
Os acordos tomados foron os xeguintes:
1. Aprobación do censo electoral (socios en activo e maiores de 18 anos )
2. Calendario electoral, que queda como segue:
( todos os actos no local da Asociación )
17 de xaneiro de 2011.-Apertura prazo presentación de candidaturas.
1 de febreiro de 2011.-Fin do prazo de presentación de candidaturas.
4 de febreiro de 2011.- Fin do prazo de reclamacións.
6 de febreiro de 2011.- Votación das candidaturas e proclamación da nova Xunta Directiva.
3. Enviar carta de comunicación do calendario electoral e da convocatoria da Asemblea Extraordinaria a todos os socios electores.
4. Aprobación do modelo de presentación de candidaturas a disposición na secretaría da Asociación.. Tamén se pode facer nun que recolla nome e DNI.
En Ares, sen máis asuntos que tratar, sendo as 17: 15 horas do día 16 de xaneiro de 2011, rematamos a reunión e asinamos este documento todos os asistentes.
Asdo. D. Antonio Rodríguez Martínez Asdo. D. J. Luis Casas Fachal
Asdo. D. Antonio Diaz Fernandez