XII ENCONTROS DE NADAL (MUGARDOS) 1ª XORNADA
1ª XORNADA
Esta tarde deron comezo os XII Encontros de Nadal, organizados polo Concello de Mugardos e o Galicia de Mugardos, e onde os de Ares, nesta primeira xornada, conseguiron uns resultados dispares.
Ares, 27 de decembro do 2010.
Ás 17:00, debutaban os biberóns, que se enfrontaban a Racing de Ferrol, caendo derrotados por 2 a 5.
Ás 17:30, tocaba a quenda aos benxamíns, que se enfrontaban o Mugardos "A", finalizando o encontro con empate a 1 gol.
Ás 18:30, serían os prebenxamíns, os se impuxeron ao Racing de Ferrol por 2 a 0.
Para finalizar a xornada, ás 19:30, cos alevíns que se enfrontaban o Mugardos, co resultado final de empate a 0 goles.
Mañá nova xornada, que dará comezo para os de Ares, ás 16:30, co partido de biberóns, onde o Numancia enfrontarase ao X. de Cabanas.
Ás 18:30, benxamins, Numancia - Perlío.
E ás 19:30, alevíns, Numancia - Barallobre.