FÚTBOL-7. SORTEOS

OS ALEVÍNS COMEZAN O 2 DE OUTUBRO; BENXAMÍNS E PREBENXAMÍNS, O 16 DE OUTUBRO.

Na reunión celebrada esta tarde na delegación ferrolá de fútbol, quedaron formados os grupos das categorías de fútbol-7.

Ares, 17 de setembro.

Os alevíns comezan o campionato o 2 de outubro e rematarán o 16 de abril. Terán que disputar varias xornadas en días festivos: 12-X, 1-XI, 8-XI e 22-XII, condicionado á fase final deste campionato, fase para a que se clasificarán dous equipos da nosa comarca.

O Numancia quedou no segundo grupo, xunto a estes equipos: Cedeira, Cariño, Miño, R. Ferrol D, Perlío, G. Caranza C, G. Caranza D, Barallobre B, G. Mugardos, Narón B, Maniños e Amistade Meirás.

No primeiro grupo: R. Ferrol B, Barallobre, Portuarios B, Eume, Narón, Neda B, As Pontes, Libunca, G. Caranza A, Ánimas, R. Ferrol C, O Val B e R. San Pedro.

No terceiro grupo: As Pontes B, Eume B, R. Ferrol E, O Val, Neda, Ortigueira, Meirás, R. Ferrol, Canido, Portuarios, Perlío B, G. Caranza B e San Sadurniño.

Os benxamíns iniciarán a liga o 16 de outubro e finalizarán o 26 de marzo. Neste caso, o Numancia está no grupo 1, xunto a: Amistade Meirás, G. Caranza D, O Val, R. Ferrol C, R. San Pedro B, Cedeira B, G. Caranza B, Miño, G. Mugardos e Ortigueira.

No grupo 2: Cariño, Eume B, San Sadurniño, As Pontes, Narón B, G.Caranza C, O Val B, R. Ferrol B, Neda, Barallobre e Ánimas B.

No grupo 3: Ánimas, Perlío, R. San Pedro, Portuarios, Narón, Cedeira, As Pontes B, Eume, R. Ferrol, G.Caranza e Cabanas. Queda por confirmar a participación do Meirás, que iría neste grupo 3.

Por último, sorteáronse os equipos da categoría prebenxamín, campionato que se disputará tamén entre o 16 de outubro e o 26 de marzo. O Numancia  vai no segundo grupo con este equipos: Ánimas, G. Caranza B, O Val, Cedeira, R. Ferrol B, Narón, Portuarios, As Pontes B, G. Caranza C e R. Ferrol.

No grupo 1: Barallobre, Narón B, Cedeira B, G. Mugardos, San Sadurniño, Perlío, G. Caranza, As Pontes, R. San Pedro, Neda e R. Ferrol C

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.