Torneo Fútbol 7. II Memorial Pedro García Vilar
Dende o 22 ata o 25 de setembro disputarase no campo de Prados Vellos en Ares o Torneo de Fútbol 7 "II Memorial Pedro García Vilar". O torneo, que se disputará en categorías alevín, benxamín e prebenxamín, contará coa participación de clubes da comarca como son o Galicia de Mugardos, Perlío, O Val, Miño, Barallobre, San Sadurniño, Rápido de Neda, As Pontes i o propio organizador Numancia de Ares. Tamén na categoría de alevíns contaráse coa participación do Figaredo de Mieres (Asturias).