VETERÁNS: XA HAI CONVOCATORIA
A última hora desta tarde, os seleccionadores aresáns fixeron pública a convocatoria para o partido do próximo luns, 5 de xaneiro, a disputar en Prados Vellos.
Toñito da Picas, seleccionador do Numancia B, foi o primeiro en comunicar a súa lista. Estes son os deportistas seleccionados e nos que confía plenamente para acadar un resultado positivo:
Juan Alberto, Andrés, Pedro, Renato, Tombo, Juancho, Nillo, Benildo, Sixto, Marcelino, Rafa, Manel, Santi, Cano, Dani, Pacucho e Rosco.
Máis tardía foi a comparecencia do seleccionador do Numancia A, míster Kolé. Serían as 23.30 h. cando, despois dunha longa espera, saiu o experimentado adestrador e transmitiu a relación de convocados para un partido no que xa recoñecen que terán moitas dificultades para superar ao outro combinado. Os elexidos son:
Bastida, Dani, Yimmi, Víctor, Jesús Manuel,Tinso, Fran Bardanca, Chemari, César, Carballo, Tinito, Zalín, Beto, Cateto, Juan e Etíope.
Asimesmo, coñecemos xa a persoa que lidiará con estes grandes futbolistas. Como non podía ser menos, dada a categoría dos xogadores, o organismo aresán responsable da organización deste evento, nomeou ao señor colexiado internacional portugués, don Ricardo Soares, como árbitro deste interesante partido de fútbol.