VETERANOS. NUMANCIA A - NUMANCIA B

 JIMMY CONTRA TINITO

Aínda que houbo máis dun berro entre Toninho da Picas e Pacucho, principalmente porque os dous seleccionadores querían contar con algún xogador nas súas filas, finalmente quedaron confirmadas as alineacións dos dous equipos que este mércores, véspera de Reis, saltarán a Prados Vellos ás 16.00 horas.
Ares, 3 de xaneiro de 2011.
Toninho de Picas e Pacucho quedaran esta tarde para pórse de acordo e repartir os máis de corenta participantes neste clásico de Reis e despois de máis de tres horas valorando as distintas posibilidades, podemos confirmar que xa hai un principio de acordo (veremos se mañá manteñen as súas posicións), de maneira que o equipo A, dirixido por Toninho da Picas, estará integrado polos seguintes veteranos: 
Andrés, Bastida, Sardina (un deles), Sixto, Peinado, Tinito, Víctor, Chema, Negro, Lino, Maga, Pablo, Rula, Juanjo, Cateto, Kiko, Dani Lago, Juancho, José Mahía, Carlos Maniños, Nacho, Pedro Doval e Pedrito.
Pola súa parte, o Numancia B, con Pacucho e Marcelino no banquiño, contará con estes veteranos: Putbul, Juan, Julito, Jimmy, Macuto, Koki, Doval, Óscar, Cabezas, Manus, Juan Porta, Dani Gaitas, Javi Allegue, Fran Bardanca, Renato, Cobelo, Sardina (o outro), Nillo, Tombo, Chino, José René e Juan Escudero.
Para lidiar con estes grandes xogadores, a organización realizou un gran esforzo e contratou un magnífico trío arbitral, liderado polo gran colexiado Rayito, de categoría nacional, que acudirá a este evento escoltado por outros dous compañeiros de recoñecido prestixio: Jorge Martínez e Andrés Rodeiro. Confiamos en que, un ano máis, sexan quen de tomar boas decisións e poidan finalizar o partido sen maiores complicacións. 
A todo isto, vémonos na obriga de solicitar tranquilidade e calma a todos estes veteranos, pois fomos testemuñas das manifestacións realizadas por Marcelino indicándolle a Juancho “coa man aberta” que lles ían regalar unha “manita”. Queremos entender que estes piques son para motivar aos seus compañeiros, sempre sen intención de molestar aos outros pero por se acaso, señores veteranos, non se nos piquen. 
O éxito deste acontecemento está asegurado, coñecendo que á última hora da tarde terán unha recompensa gastronómica para recuperar os folgos consumidos antes. 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.