BIBERÓNS. MAT. ATLANTICO (O Parrulo), 2 - NUMANCIA, 1.

SDR Numancia de Ares. Biberóns 2009-2010. Mat. Atlántico 2 - Numancia 1. Pavillón A Malata.DERROTA INMERECIDA POLA MÍNIMA NUN PARTIDO DECIDIDO NAS CONTRAS DO PARRULO.

 


Ferrol, 13 de abril de 2010.

ALIÑACIÓN

Miguel, Roi, Raúl, Oscar, Jaime, Diego, Marcos, Martín, Iván, Martín Miguel e Lucas.
 
1ª Parte: O Numancia vence por 2 - 0 con goles de Diego (que xogou en banda), e Martín Miguel. Raúl xogou como último defensa realizando un moi bo partido.
 
2ª Parte: O resultado remata en empate 1-1. O gol conseguiuno Lucas. Martín amosou unha importante mellora, encontrándose moito máis atento o xogo.
 
3ª Parte: Esta parte comeza cun rápido gol do Numancia que tras centro de Lucas un xogador do conxunto ferrolá introduce en propia porta. A pesar das numerosas ocasións dos aresáns, que atallou o porteiro contrario ou repeleron os paus, en dúas contras o Parrulo anotou os dous tantos que lle deron a vitoria nesta parte.
 
4ª Parte: Na última e decisiva parte o Numancia perdeu, incomprensiblemente por 2-0, tralas numerosas ocasións desperdiciadas, nun ataque constante á porta contraria. Roi recibiu un forte balonazo na cara e tivo que ser substituido por Miguel. Destacar o enfado da afección xa que faltando 2 minutos para o remate do partido e en pleno acoso a portería rival o árbitro pita o final do partido.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.