BIBERÓNS. NUMANCIA, 1 - A SOLAINA, 2

SDR Numancia de Ares. Biberóns 2009-2010. Numancia 1 - A Solaina 2. Pavillón Municipal de Ares.As imprecisións e os despistes provocaron un mal partido.

  

 Despois dun longo parón, o Numancia de biberóns volve a xogar un partido no Pavillón Municipal de Ares, perdendo por un global de 2-1 contra A Solaina.

Alineación: Miguel, Roi, Marcos Margaretto, Marcos Rey, Lucas, Raúl, Martin Miguel, Oscar, Martín, Jaime, Diego, Carlos, Iker, Pablo e Juan Ramón.

Primeira parte: o Numancia gañou 2-0 con goles de Lucas, que o celebrou moi efusivamente e Diego. Destacar tamén un par de intervencións do porteiro Miguel.

Segunda parte: A Solaina gaña por 1-0, cun tiro lonxano que colle despistado o porteiro Roi.

Terceira parte: Remata con 0-0, ningún dos dous equipos atinaron a meter gol, e tiveron numerosas imprecisións.

Cuarta parte: vence A Solaina por 1- 0, cun autentico golazo do número 10 do conxunto visitante que conducíu o balón ata o campo contrario e de forte disparo cruzado bateu ao gardameta aresá.

Agradecer as colaboracións de Ramón na arbitraxe do encontro, e Genete, que sempre está ahí para botar unha man no que faga falta.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.