BIBERÓNS. NUMANCIA, 4 - NEDA, 0

SDR NUMANCIA. BIBERÓNS. NUMANCIA, 4 - NEDA, 0. XANEIRO 2010ENTREGA TOTAL NO PAVILLÓN
 
Segunda xornada desta liga de biberóns e primeiro partido dos biberóns como locais, gañando con solvencia os catro tempos de dez minutos, logrando unha puntuación de 4-0, e un total de 11 goles a 1.

Ares, 19 de xaneiro de 2010
ALINEACIÓN: Miguel, Roi, Diego, Lucas, Oscar, Martin Miguel, Jaime, Juan Ramón, Pablo e Iker.
GOLES:
-  O primeiro gol do partido no primeiro minuto de xogo conseguiuno Jaime, nunha contra que finaliza lanzando axustado á porteria.
- Lucas, un dos xogadores máis destacados do Numancia tanto pola sua calidade como polo súa polivalencia para xogar en calquera posición, conseguiría dous tantos.
- Diego, a pesar de xogar de defensa, fai valer a súa velocidade e conseguiría dous tantos, un deles nun barullo dentro da área.
- Martin Miguel que saíu na segunda parte demostrou unha vez máis a súa capacidade goleadora anotando 6 goles e provocando numerosas ocasións de gol que o porteiro do Neda parou.
COMENTARIO:
Na portería xogaron Miguel que non encaixou ningún tanto e Roi, que encaixou un tanto pero demostrou a mellora na nova posición que ocupa.
Outros xogadores que disputaron minutos foron Iker, Oscar, Juan Ramón e Pablo. Estes tres últimos de primeiro ano, seguen adaptándose e colaborando co equipo.
Sinalar que o Neda, contaba con moitos xogadores de primeiro ano con moi boa disposición, que o ano que ben serán un dos referentes na categoría.

O PRÓXIMO PARTIDO será o vindeiro venres, 29 de xaneiro ás 18.00 h no pavillón do Inferniño, onde visitaremos ao R. San Pedro.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.