BIBERÓNS.
XA COMEZARON OS PEQUES DO NUMANCIA
Na tarde deste martes, 6 de outubro, uns 15 peques de catro e cinco anos principiaron a actividade de "iniciación ao fútbol" no pavillón municipal de Ares.
O seu monitor, Luis Torrente, estréase nesta faceta nas filas do Numancia, entidade á que pertenceu nos seus anos xuvenís. Antes de realizar a súa primeira sesión de traballo, tivo unha charla informativa coas nais e pais destes nenos onde aproveitou para presentarse e aconsellarlles algunhas pautas de conduta.
Certamente, o Numancia e os peques deben estar satisfeitos por contar coa colaboración de Luis, un rapaz coa formación adecuada e con moita ilusión que lles aprenderá ao longo desta temporada conceptos deportivos básicos e valores de comportamento, moi necesarios para o seu desenvolvemento como persoas.
Finalmente, advertir do cambio de horario das sesións semanais. Continuarán sendo os martes e os xoves, pero de 17.30 a 18.30 h.