BIBERÓNS. NUMANCIA - G. DE MUGARDOS.
DISFRUTANDO NO CAMPO
Partido correspondiente a 8ª xornada da Liga AFACO de fútbol - 8 disputado na tarde do xoves en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Ares, 5 de marzo de 2015
FICHA TÉCNICA:
NUMANCIA: Mario, Adrián, Carlos, Dani, Iker, Larraitz, Lucas Varela, Lucas Espiñeira, Manu, Marcos Feal, Marcos Navas, Arturo e Adrián Vázquez.
Adestrador: Marcos Amor Roel.
Delegado: Daniel Cartelle Fernández.
G. MUGARDOS: Tomás, Lucas, Iago, Cristian, Miguel, Martín, Yerai, Samuel, Daniel, Marco e Juan.
Adestrador: Adán López Rey.
Delegado: David Montero.
COLEXIADO: Jorge Martínez.
CRÓNICA:
Coa volta do sol e da boas temperaturas volvía tamén a Liga AFACO biberón de fútbol - 8. Que mellor maneira de facelo que cun derbi veciñal entre Numancia de Ares e Galicia de Mugardos que fixeron as delicias nunha fermosa tarde de xoves dos moitos espectadores que acudiron a presenciar as evolución dos mais pequenos.
Neste partido os numantinos atopáronse cun rival físico e moi ben ordenado que obrigou aos pequenos xogadores do Numancia a amosar todas as cousas aprendidas durante o curso para contrarrestar o bo xogo dos mugardeses. Houbo goles e xogadas bonitas por ambos bandos e como sempre neste fútbol biberón anécdotas simpáticas propias da curta idade destos pequenos futbolistas.
Con saudos e abrazos moi deportivos entre xogadores de ambos equipos finalizaba un partido no que os grandes protagonistas, os nenos, eran despedidos con moitos aplausos por parte da numerosa afición de ambos equipos.
Na vindeira xornada, o Numancia de biberóns seguirá disfrutando do fútbol - 8. Desta vez será no campo de O Poboado ante o CD As Pontes.
Agora, desfrutade dunha magnífica galería fotográfica do partido ante o Galicia de Mugardos cortería de Rafa Feal.
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡