BIBERONS. NUMANCIA – CULTURAL MANIÑOS.

FACENDO NOVOS AMIGOS

Partido correspondente a 5ª xornada da Liga AFACO biberón disputado na tarde do luns en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 



Ares 17 de novembro de 2014

NUMANCIA: Mario, Lucas Varela, Carlos, Lucas Espiñeira, Adrián Vázquez, Arturo, Manuel, Navas, Iker, Dani, Larraitz, Jorge, Antón, Adrián e Jorge.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: Daniel Cartelle Fernández.

CRÓNICA:Biberones del Numancia de Ares.

A choiva deu unha pequena tregua e os pequenos futbolistas do Numancia e do Cultural Maniños poideron gozar do fútbol e deleitar aos numerosos espectadores de Prados Vellos coa sua inocencia e simpatía no terreo de xogo.

Foi un partido de auténticos biberóns, xa que a maioria dos nenos participantes do mesmo non pasaban dos 4 anos. Con paciencia e bo facer dos adestradores foron chegando os avances dos pequenos e tamén os goles por parte de ambos equipos. Paciencia e diversión nun fútbol biberón que serve para que os nenos e familiares disfruten do fútbol e fagan amigos nun clima de absoluta deportividade cos demais equipos. ¡¡¡Noraboa a tod@s¡¡¡

A seguinte aventura para estos pequenos aventureiros do Numancia terá lugar no campo de Os Pinares de Perlío onde este fin de semana xogará o Numancia biberón ante o equipo local. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.