BIBERONS. NARON - NUMANCIA.
CONTINÚA A PROGRESIÓN
Partido correspondente a 4ª xornada da Liga AFACO de biberóns disputado na tarde do venres en O Cadaval ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Narón, 7 de novembro de 2014.
NUMANCIA: Mario, Marcos Feal, Iker, Carlos, Lucas Varela, Lucas Espiñeira, Jorge, Arturo, Larraitz, Manu, Antón, Adrián Vidal e Marcos Navas
Adestrador: Marcos Amor Roel.
Delegado: Daniel Cartelle Fernández.
Os biberóns do Narón e do Numancia aproveitaron as tregua das chuvias para gozar dunha xornada máis do fútbol e seguir progresando, disfrutando e avanzando na sua formación futbolística; sendo o mais importante a diversión; cando menos no Numancia.
O próximo compromiso do Numancia biberón, se o tempo o permite, será o luns 17, ás 17:00 h no campo de Prados Vellos onde os de Ares agardaran a visita dos amigos do Cultural Maniños.
Agora chega o momento de disfrutar das fotografías do partido ante o Narón xentileza de Rafa Feal.