BIBERONS. EUME - NUMANCIA.

NOVA EXPERIENCIA

Partido correspondente a 2ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol - 8 disputado na tarde do venres na Gándara Eumesa ante o Eume Deportivo e coa presenza de numerosos aficionados de ambos equipos.

 

Pontedeume 17 de outubro do 2014

NUMANCIA: Mario, Arturo, Lucas, Espiñeira, Carlos, Manu, Iker, Marcos, Navas, Larraitz, Jorge e Adrián.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: Daniel Cartelle Fernández.

Logo de xogar o pasado fin de semana na casa ante As Pontes, aos máis peques do Numancia tocáballes desprazarse ata a Vila dos Andrade para gozar dunha nova experiencia. No que para a maioría deles foi o seu primeiro desprazamento futboleiro.

Bonito e entretido partido o deputado entre os máis peques do Eume e do Numancia, que coa súa inocencia e as súas gañas entretiveron durante unha hora aun bo e nutrido grupo de afeccionados que os acompañaron cos seus ánimos.

Na vindeira xornada, si o tempo o permite, o Numancia recibirá en Prados Vellos ao Miño.

A continuación podedes disfrutar dunha bonita galería de fotos xentileza de Rafa Feal.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.