BIBERONS. NUMANCIA - O VAL

NOVAS XERACIÓNS

Partido correspondente a 5ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol - 8 disputado na tarde do mércores en Prados Vellos ante numerosos aficionados de ambos equipos.

 

 

 

Ares 6 de novembro do 2013

NUMANCIA: Mario, Brais, Adrián, Alejandro, Papa Omar, Mateo, Lucas, Manuel, Óscar e Carlos.

Adestrador: Marcos Amor.Equipo de biberóns do Numancia de Ares (06/11/2013)

Delegado: Daniel Cartelle.

Logo de xogar ante o Barallobre e o Eume Deportivo, e de adiar os partidos co Cabañas e co Perlío os biberóns do Numancia disputaban un novo partido do torneo de fútbol - 8 biberón ante os compañeiros da SD O Val.

Un equipo biberón do Numancia moi renovado, xa que sufriu as baixas de 14 xogadores que pasaron a categoría de prebenxamíns. Apenas quedan 5-6 rapaces da pasada temporada que sumadas as novas incorporación forman un plantes de 14 xogadores para afrontar os torneos de fútbol - 8 e fútbol - 6 en pista durante a temporada.

Hoxe ante a O Val amosaron os seus progreos, a sua ilusión. Moitas carreiras para conseguir o balón e tamén para achegarse a portería rival buscando o gol, que como non podía ser de outra forma chegou. Tamén o equipo valexo tivo unha gran actuación neste partido conseguindo goles; demostrando que as novas xeracións de Numancia e SD O Val veñen pisando moi forte.

Na vindeira xornada, si o tempo o permite o Numancia visitará as instalacións de O Poboado para xogar ante o CD As Pontes na vila mineira.

¡¡¡A seguir disfrutando do fútbol mais inocente e mais puro do mundo¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.