Biberóns, O Val 0 -- Numancia 2

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Biberóns, O Val 0 -- Numancia 2 Victoria na xornada aplazada dos biberóns.


Xoves, 07 de Maio de 2009

César Viñas Piñeiro

 

CATEGORÍA:

 

Biberóns.

 

 RESULTADO:

O Val 0 --Numancia 2


ALINEACIÓN:

Isma Medín; Lucas Arias, Xan Garabana; Samu Fernández, Óscar Domínguez, Martín Cepeda; Migui Oliveira; Cris Fernández.

 ÁRBITROS:

 

 GOLES: Xan (2 goles); Migui (2 goles); Martín (1 gol)


 COMENTARIO:
Tiña un partido aprazado do fútbol sala os biberóns do Numancia e foron a xogalo o Val, na tarde do xoves.

E comezou o partido cun Numancia un pouco durmido e con moitos intentos de xogo individual, e ocasións para ambos equipos. Ainda que ningún dos dous conseguía marcar, e chegouse o final sin que ningún dos dous o fixera.

Pero no segundo tempo, espertaron os numantivos, con moitos robos de balóns e así Migui logrou o primer gol do partido no minuto 1 de xogo, e despois disto todo o Numancia tivo moitas chegadas e momentos de xogo de equipo, e de novo Migui no minuto 8 volveu a marcar con bo tiro cruzado, pero os locais no minuto 10 conseguiron recortar o marcador e poñer un 2-1 que deulle o primer punto os visitantes.

E no tercero, unha mezcla dos dous anteriores porque os nenos/as estaban un pouco despistados pero tamén robaban moitos balóns, e no minuto 3, Xan cun pase de Óscar conseguiu abrir o marcador deste tempo, e un minuto despois de novo Xan correu co balón todo o campo e logrou o 2-0, que sería definitivo, e o segundo punto, e o partido para o Numancia.

No último tempo, os nenos/as estaban un pouco cansos/as, e cada un quería marcar, e chegaban moito ó area do rival, así no minuto 3, Martín aproveitou un balón solto no area, pero no minuto 7, o Val logrou empatar e salvar un punto, no marcador final, que rematou cun 2-0 para o Numancia.

E saudáronse tódolos nenos/as o final do partido, antes de irse ás duchas.


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.