BIBERÓNS. O VAL - NUMANCIA.

IGUALDADE MÁXIMA

Partido da 15ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol – 8 disputado na tarde do venres no campo de herba artifical de Sinde en O Val ante numerosos espectadores.


O Val 24 de maio do 2013.

NUMANCIA: Marcos, Dani, Iker, Aketx, Lucas, Xerar, Hugo, Sergio, David, Isma e Raúl.

 



Penúltimo partido do Torneo AFACO para os biberóns do Numancia disputado con sol e unha temperatura moi boa para a práctica do fútbol. Val e Numancia, dous bos equipos biberóns con nenos de último ano sobre o campo; disputaron un encontro moi igualado no que ás defensas impuxéronse ós ataques. Partido moi serio para tratarse da categoría biberón, con dous equipos ben posicionados no campo e traballando moito nas tarefas defensivas. Non sería ata o último cuarto do partido cando ambos equipos conseguirían o premio merecido do gol polo seu bo traballo combinando a pelota e loitando cada balón con ímpetu e moita enerxía.

En resumo, magnífico partido entre dous equipos moi parellos que se coñecen moi ben. Quizais estos partidos de biberóns teñan xa moi pouco; a evolución dos nenos e a que manda e nos non somos nadie para impedilo; soamente podemos controlalos. Felicidades ós dous equipos polo gran traballo realizado.

Na vindeira semana, é seguro que o Numancia biberón despedirá por esta temporada o pavillón aresán. Será o próximo martes 28 e que mellor maneira de facelo que cunha nova edición do partido Numancia Biberóns – Supermamás Biberóns. Boa pedra de toque para ós nenos e gran oportunidade para as nais de preparar o partido final no campo a finais de xuño.

Volvendo ó Torneo Afaco, o Numancia biberón ten un partido aprazado co Barallobre en Prados Vellos que pode ter lugar este xoves. Estaredes informados. O que si é seguro e que o próximo venres 31 no campo de fútbol de O Pote en Maniños terá lugar de maneira íntegra a última xornada do Torneo Biberón AFACO. Ese día, todos os equipos do Torneo xogarán en Maniños a última xornada; medíndose o Numancia o equipo anfitrión o Cultural Maniños, para despois recibir co resto dos compañeiros dos demais equipos as súas merecidas medallas.

Contamos con todos vos para esta última semana de pavillón e de Torneo AFACO. Despois virá o sprint final da temprada con merendas, comidas e cos bonitos Torneos ata finais de xuño.

Soamente nos queda polo tanto…. ¡¡¡seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.