BIBERÓNS. TORNEO DE MIÑO.
MAGNÍFICA XORNADA DE CONVIVENCIA
O pasado sábado durante todo o día, o Numancia biberón participou no I Torneo Biberón organizado polo equipo de categoría Autonómica de fútbol sala Xarió FS de Miño no pavillón da citada localidade. Neste Torneo disputado a media pista, participaron 16 equipos das provincias de A Coruña e Lugo distribuidos en 4 grupos de 4 equipos cada un. Estos foron os partidos de duas partes de 12 minutos disputados polo Numancia de Ares e os seus protagonistas:
Miño 18 de maio do 2013.
NUMANCIA: Marcos, Xerar, Lucas, Isma, Dani, Aketx, Raúl, Hugo e Sergio.
11:45: NUMANCIA, 0 – OLÍMPICO DE RUTIS “B”, 2.
Sairon os nenos numantinos durmidos e despistados o primeiro partido da xornada. Iso ante un rival como o de Culleredo moito mais acostumado a xogar en pista pagouse caro. Os coruñeses leváronse un encontro no que o Numancia tivo no tramo final ocasións para sacar polo menos un punto.
13:45: NUMANCIA, 6 – LIBUNCA, 1.
Partido sen historia onde a superioridade física do Numancia traduciuse en goles. Bo partido dos numantinos e gran traballo dos ferroláns do Libunca disputando todo o Torneo con 5 xogadores xustos.
15:45: NUMANCIA, 2 – GALICIA DE MUGARDOS, 1.
Sen dúbida o mellor partido do Numancia neste Torneo. Os aresáns seguiron mellorando na pista e venceron o seu “eterno rival” nun partido moi disputado, igualado e moi emocionante para os espectadores amigos de ambos equipos. Unha vez rematado o encontro os componentes de ambos equipos posaron para unha foto conxunta e xogaron unha partida de futbolín da que descoñecemos o resultado.
Rematou o Numancia a fase de grupos empatado a 6 puntos co Olimpico “B” e o Galicia de Mugardos. A diferencia de goles dictaminou que os de Culleredo foran primeiros, os mugardeses segundos e os numantinos terceiros, nun grupo moi igualado e de gran nivel futbolístico e competitivo para tratarse de fútbol biberón.
18:00: NUMANCIA, 4 – CONCELLO DE GUITIRIZ, 1.
Xogaron ós numantinos o último partido da xornada ante o equipo lucense do Concello de Guitiriz terceiro clasificado do seu grupo. Neste partido os nenos aresáns saíron moi metidos no partido e xa na primeira metade encarrilaron o encontro ante un rival físico ó que os numantinos contrarrestaron con técnica e bo fútbol.
Rematado este encontro, tivo lugar a entrega das merecidas medallas para os xogadores de ambos equipos.
En definitiva, unha gran xornada no deportivo xa que os aresáns adaptáronse correctamente co paso dos partidos a xogar nun espacio tan reducido (media pista), rendiron a bo nivel e o mais importante; todos os nenos disputaron o mesmo número de minutos no Torneo (48 minutos); agás o único porteiro do equipo neste Torneo, o indomable Marcos Espiñeira.
O mais importante e positivo, a fermosa xornada de convivencia vivida entre as nais, país e nenos do Numancia. Tamén os xogos dos nenos e charlas dos país con nenos e país dos outros equipos da comarca como o G. Mugardos e o Neda facendo deste Torneo unha auténtica festa do fútbol biberón e da amizade coa inxenua excusa do fútbol. Noraboa a todos.
Felicitar tamén a todo o persoal do Xarío FS pola súa magnífica organización do Torneo e o inmellorable trato dispensado a toda a expedición do Numancia de Ares. Moitas grazas, foi un pracer.
Agora toca cambiar o “chip” xa que o próximo xoves volven os adestramentos no campo. O próximo partido do Numancia de Ares biberón será o vindeiro venres 24 de maio ás 18:00 no Campo de O Sinde en O Val ante os nosos amigos valexos; na penúltima xornada do Torneo AFACO de fútbol – 8.
¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡