BIBERÓNS. GALICIA DE MUGARDOS - NUMANCIA.

BIBERÓNS BEN MANTIDOS

Partido da 14ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol – 8 disputado na tarde do venres no campo de herba artifical de A Pedreira en Mugardos ante numerosos espectadores.


A Pedreira 10 de maio do 2013.

NUMANCIA: Marcos, David, Lucas, Aketx, Hugo, Xerar, Raúl, Sergio, Dani, Iker, Isma  e Mario Carballo.

 



Chegaba de novo ó derbi biberón para o Numancia. Nesta ocasión os pequenos mugardeses e numantinos xuntábanse no campo de A Pedreira para desfrutar dun novo encontro futbolístico cun sol de xustiza e o calor como testigos.

As condicións climáticas marcaron o desenrolo do encontro; pero como todos sabemos os nenos de Mugardos e Ares son fortes e fixeron un gran esforzo durante 40 minutos para agasallar ós numerosos afeccionados presentes cun intenso, disputado e bonito derbi que nada tivo que envidiar dos derbis dos mais maiores. Vimos un partido con dous equipos moi ben colocados, intentando sempre xogar o balón e buscando a portería contraria. Ben e certo que os mugardeses estiveron nesta ocasión algo máis metidos no encontro; pero soamente algún despiste propio da idade biberón fixo que o derbi se decidirá para un ou outro lado. Como non se poden dicir resultados por acordo AFACO deixámosvos coa intriga. O verdadeiro resultado do encontro foi a ilusión, o aprendizaxe e a melloría dos nenos dos dous equipos. Uns nenos maioritariamente de último ano que amosaron que o seu traballo de casi dous anos está tocando teito. Piden relevo os biberón en Ares e Mugardos; novas xeracións de pequenos futbolistas tomarán o relevo dos nenos que xogaron hoxe o partido; que xa para o ano serán prebenxamíns.

En resumo, gran esforzo dos nenos desafíando o sol e o calor. Bo partido por parte do Numancia onde TODOS os xogadores poideron disputar un partido de esixencia moi alta polas condicións de xogo e polo gran “rival” que tiñan en fronte. Noraboa rapaces.

Isto non para, o vindeiro xoves 16 de maio o Numancia xogará o antepenúltimo partido do Torneo AFACO ante a SD Barallobre ás 17:30 en Prados Vellos.

Por outra parte, o próximo sábado 18 de maio inagura o Numancia biberón a temporada de Torneos. Será no Torneo Concello de Miño de mini – futbol sala nun Torneo que se xogará durante todo o día no pavillón de Miño e que terá como curiosidade que se xogará en media pista de fútbol sala. Participarán no Torneo equipos da AFACO, de Ferrol e Narón, do resto da provincia de A Coruña e incluso o Concello de Guitiriz de Lugo. Sen dúbida unha ocasión inmellorable para desfrutar dun día de fútbol, xogos e convicencia con rapaces dos outros equipos o próximo sábado no pavillón de Miño.

Entramos na recta final da tempada, toca pisar forte o acelerador e seguir disfrutando.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.