BIBERÓNS. NUMANCIA - MIÑO.
OUTRO PASO ADIANTE
Partido da 12ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol – 8 disputado na tarde do venres no campo de Prados Vellos en Ares ante numerosos espectadores.
Prados Vellos 19 de abril de 2013.
NUMANCIA: Marcos, Dani, Sergio, David, Aketx, Iker, Lucas, Mateo, Ángel, Hugo, Raúl, Mario Carballo e Rubén.
O Numancia biberón participou tamén na festa do futbol – 8 numantino na tarde do venres en Prados Vellos recibindo a visita do AD Miño. Foi un partido no que o Numancia amosou maior pegada e poderío físico nos dous primeiros tempos anotando varios goles.
Nos dous últimos tempos do partido, os aresáns preocupáronse mais de xogar en equipo e deleitaron os espectadores con algunas xogadas propias de nenos mais maiores; con goles nos que tocaron o balón prácticamente todos os xogadores aresáns que estaban no campo e con internadas por banda que remataban en certeros remates a portería. Os rapaces do AD Miño non quixeron ser menos e sacudíronse a timidez dos primeiros minutos para terminar o encontro buscando a portería de Marcos e anotando tamén os seus mais que merecidos goles.
En resumo, novo partido de biberóns donde os nenos numantinos seguen amosando o seu descaro, ilusión e progreso. Hoxe participou no encontro Rubén, xogador biberón de primeiro ano que axudou ós maiores neste partido e a piques estivo de conseguir o seu gol.
A próxima fin de semana, tocará vivir a aventura mais lonxana da tempada. A familia do Numancia biberón terá que viaxar a Cedeira para medirse ante o robusto equipo local no Municipal de O Beco. Novo partido esixente para amosar as mellorías e tamén os defectos para despois correxilos. Pero como sempre e antetodo, inocencia, liberdade e diversión que aínda son moi pequenos. Polo tanto… ¡¡¡a seguir disfrutando¡¡¡
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡