BIBERÓNS. NUMANCIA - MANIÑOS.
FIN DO SEGUNDO TRIMESTRE
Partido da 9ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol – 8 disputado na mañá do sábado no campo de fútbol de Prados Vellos en Ares ante numerosos espectadores.
Ares 23 de marzo de 2013.
NUMANCIA: Aketx, Dani, Lucas, Hugo, Mateo, Xerar, Mario, Marcos, David, Raúl e Mario Rañales.
Novo partido de biberóns en Ares. Nesta ocasión non houbo choiva na maña futbolística en Ares. O que si houbo foi unha choiva pero de moitos goles por parte do Numancia e do Maniños de biberóns. Ambos equipos, disputaron un bonito e divertido partido no que todos os xogadores se divertiron e continuaron amosando as súas habilidades co balón e a sua progresión no fútbol.
Destacar no Numancia a participación no partido de Xerar, xogador que xunto con Hugo participa habitualmente co equipo prebenxamín da entidade e que hoxe xogou o seu primeiro partido cos seus compañeiros de idade biberón; sendo un total de 17 nenos os que xa participaron no Torneo AFACO por parte do Numancia de Ares biberón nesta tempada.¡¡¡ Hai futuro¡¡¡.
Felicitar como sempre os componentes de ambos equipos polo esforzo realizado e polo espectáculo ofrecido a todos ós espectadores.
Chegan agora ás merecidas vacacións de Semana Santa para os compoñentes do Numancia biberón que remataron este segundo trimestre todos con notas moi altas. Tempo polo tanto para recuperar efectivos, vencer dunha vez por todas o maldito virus que asola os nenos e nenas aresáns nos últimos tempos e para afrontar coas pilas mais que cargadas os tres últimos meses da tempada de biberóns.
O vindeiro adestramento do Numancia biberón será o próximo 2 de abril no pavillón de Ares nos horarios habituais. O próximo partido do Numancia de Ares biberón será na segunda fin de semana de abril no campo de A Veiga de Cabañas ante o equipo anfitrión.
¡¡¡FELIZ SEMANA SANTA A TOD@S¡¡¡
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡