BIBERÓNS (F-5): MATERIAS ATLÁNTICO, 0 – NUMANCIA, 2

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Biberón. Materiales do Atlantico0 - Numancia 2Bo partido dos biberóns frente o Materiales do Atlántico

Venres, 17 de abril de 2009

César.

ALINEACIÓN: Martín Cepeda; Raúl Maceira; Diego Fernández; Óscar Domínguez; Isma Medín; Pablo Cartelle, Cris Fernández;Migui Oliveira; Raúl Nogueras.


GOLES: Migui (3); Isma (2); Martín (1)


COMENTARIO: Na tarde do venres, o Numancia de Ares foi a Malata a disputar a xornada 13 frente ao Materiales do Atlántico, que non tivo opcións ante os numantinos.

Así no primeiro tempo, que rematou sen goles, os visitantes mostráronse moi superiores ó rival, con moitas chegadas a portería contraria, e coa posesión do balón durante intervalos moi longos. Ademais destacar a loita e entrega por aqueles balóns que perdían.

E a mesma tónica, mantívose no segundo tempo, aínda que agora si que teríamos goles: nada máis comezar, no minuto 2 de xogo, unha boa xogada con pase de Migui a Isma, subiría o primeiro, e no minuto 5 nunha xogada moi parecida, pero con pase de Isma a Migui, levaría o segundo o marcador; e sería de novo Isma, agora en xogada individual saíndo desde a defensa no minuto 6, que marcase o 0-3 para o Numancia, nunha segunda parte repleta de ocasións, que non tivo máis goles, e o primeiro punto para os visitantes.

No terceiro tempo, aínda que con moitos erros na defensa, o Numancia de Ares seguiu chegando á portería rival, aínda que unhas veces por precipitacións, outras por mala puntería, e outras pola presencia do rival, os arensás non lograron marcar ningún gol. E así antes de xogar o último cuarto o marcador reflictía un escaso 0-1 para os visitantes, que non facía xusticia ao visto no pavillón da Malata.

Pero no último tempo, co equipo local entregado, o Numancia seguiu producindo ocasións de gol, ante un Materiales do Atlántico que non era capaz de quitarlles o balón, e así no minuto 2, Martín cun tiro suave desde dentro da área, logrou o primeiro gol deste tempo. Logo no minuto 8, Migui nunha xogada individual percorrendo todo o campo puxo o 0-2, e de novo Migui co tempo cumprido, cun bo tiro desde a frontal, fixo o 0-3, e outro punto para o Numancia; finalizando o partido cun 0-2 merecido para os visitantes.

No pavillón da Malata, ó final, houbo saúdos e aplausos para todos/as os/as nenos/as.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.