Biberóns: Maniños - Numancia

A.D.R. Numanciad de Ares. Biberones 2012-2013. Maniños - NumanciaPENSANDO NO CAMPO

Partido correspondente á última xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala; disputado na tarde do xóves no pavillón de O Ramo en Barallobre ante numerosos espectadores de ambos equipos.

Barallobre (Fene), 28 de febreiro de 2013

Numancia: David, Isma, Iker, Lucas, Mateo, Andreu, Dani, Aketx, Ángel, Sergio e Mario.

 

 

Primeira vez que Maniños e Numancia se enfrentaban en categoría biberón. O pavillón de O Ramo en Barallobre foi o escenario do último partido da tempada 2012-2013 en canto o fútbol sala biberón AFACO se refire. Feneses e numantinos medíronse nun encontro que tivo dominio vermello nos tres primeiros cuartos. Un Numancia mais veterán e rodado amosouse serio errou multitude de ocasións moi claras e anotou varios goles ante un Maniños mais inocente, correoso e que desbordaba ilusión en todos os seus xogadores. Neste partido ós xogadores numantinos tiñan ordes de non dificultar en demasía o xogo visitante, así como de “olvidarse” de meter goles de calqueira maneira, para así intentar xogar mais en equipo. Lembremos que unha das máximas da categoría biberón e fomentar a igualdade é o respeto polo equipo contrario, e todos temos que poner ós medios o noso alcance para conseguilo. De feito, no último cuarto do partido os xogadores do Maniños aproveitaron ós despistes (nos sabemos si intencionados ou non) dos compañeiros do Numacia para anotar tamén algún gol. Xa nos derradeiros minutos do encontro, o Numancia anotaría o último gol do encontro para pechar de forma bonita unha magnífica tarde de fútbol e convivencia biberón no pavillón de O Ramo entre Cultural Maniños e Numancia de Ares.

Rematou a Liga Biberón de fútbol – 6 AFACO. Non sabemos quen é o campíon, o subcampeón nin o último clasificado; pero tampouco nos interesa en esta categoría. Rematou tamén a etapa de fútbol sala para a gran cantidade de xogadores de último ano do Numancia biberón. Os de primeiro ano, Deus mediante, terán a oportunidade de volver a disfrutar do fútbol sala a próxima temporada.

Agora, todos os conxuntos biberóns AFACO prepáranse para retomar a próxima semana a Liga de Fútbol – 8 biberón AFACO nos distintos campos de fútbol da comarca. No caso do Numancia, comeza a conta atrás para 14 dos 20 compoñentes do equipo biberón que dentro de poucos meses ascenderán a categoría prebenxamín. Polo tanto, desexamos deixar atrás o duro inverno para comezar a adestrar e xogar no campo. Polo de pronto, ós martes seguiremos no pavillón aresán e os xoves subiremos o campo de fútbol de Prados Vellos para realizar os adestramentos de fútbol campo. Nas fins de semana, chegarán os partidos da Liga de Fútbol – 8 biberón. O primeiro será xa na próxima fin de semana no campo de fútbol de O Ramo ante a SD Barallobre. Así que chubasqueiros, botas de tacos e ilusións preparadas, porque por mais que chova ou ventee ¡¡¡ALLÁ VAMOS¡¡¡

¡¡¡ A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.