BIBERÓNS. O VAL - NUMANCIA.

ASÍ DA GUSTO XOGAR E APRENDER

Partido correspondente a 8ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala; disputado na mañá do sábado no pavillón de O Val ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 
O Val sábado 9 de febreiro do 2013

NUMANCIA: Marcos, Isma, Iker, Lucas, David, Raúl, Dani, Aketx, Ángel, Mateo, Sergio.

 



O sábado pola mañá, en pleno Carnaval os nenos biberóns no Numancia e da SD O Val disfrazáronse de grandes futbolistas para ofrecer un fermoso espectáculo fubtolístico ós espectadores presentes no coqueto pavillón de O Val. Sobre a pista, puidemos ver prácticamente a todos os xogadores de último ano de ambos equipos, os que para o ano que ven serán xa prebenxamíns. Uns futbolistas con tempada e media de experiencia na categoría biberón e que disfrutaban do seu antepenúltimo partido de fútbol sala biberón.

A tónica do partido foi a igualdade e a loita deportiva de ambos equipos por cada balón e por cada posesión. Os dous equipos intentaban chegar a portería contraria mediante xogadas combinativas; quizais os valexos abusaban algo mais das individualidades; namentras que os numantinos intentaban unha e outra vez a participación de todos os xogadores nas acción ofensivas. Estiveron mais atinados e creativos os xogadores de O Val que conseguiron anotar algún fermoso gol por ningún dos numantinos; que se amosaron algo espesos en ataque e despistados en defensa neste partido. O normal dun equipo BIBERÓN e mais en Carnaval. Claro que estos despistes; xa que a estas idades non podemos catalogalos como erros; ante equipos cos magníficos xogadores que ten a SD O Val xa dende biberóns sendo tamén un equipo moi traballado tradúcense en goles en contra. En canto o pouco acerto nas xogadas de ataque, teñen a disculpa de que algún dos xogadores non estaban de todos sanos neste partido e de que en fronte tiñan a un bo equipo tamén na defensa.

En resumo, excelente partido de biberóns, casi que poderíamos dicir que de prebenxamíns o que nos ofreceron na mañá do sábado Val e Numancia. Un partido que sirve a ambos equipos para subir o seu nivel de esixencia e tamén para detectar “erros”, correxilos nos próximos adestramentos e seguir aprendendo. Pero sin olvidarse nunca de que son nenos de 4 - 6 anos e que a única obriga que teñen de momento e divertirse e seguir disfrutando xogando o fútbol. En canto a dereitos ós teñen todos, sendo o mais importante o dereito ó xogo e a participación nunha alta cantidade de minutos nos partidos de fútbol.
Terán ocasión de seguir disfrutando os xogadores numantinos o vindeiro martes 19 ás 18:30 no pavillón de Ares ante o Rápido de Neda “B”; o que será o penúltimo partido de fútbol sala da etapa biberón para moitos dos nenos do equipo; o último no pavillón de Ares. Por este motivo, contamos con tod@s para despedir o fútbol sala biberón nesta tempada e nesta etapa.

Felices Carnavales a todos e ¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.