BIBERONS. NUMANCIA - CEDEIRA.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2012-2013. Numancia - Cedeira. Pavillón de Ares 04/12/12.BOAS SENSACIÓNS

Partido correspondente a 1ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala; disputado na tarde do martes no polideportivo municipal de Ares ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

 

Ares 4 de decembro de 2012.

NUMANCIA: David, Dani, Aketx, Lucas, Mateo Martínez, Mateo, Isma, Iker, Raúl, Papa Omar, Mario Carballo.

 

 

Chega o inverno, e os biberóns da AFACO refuxianse nos pavillóns da comarca. Logo das primeiras xornadas do fútbol -8 disputadas no mes de novembro, as partidos das pequenas estrelas trasládanse os pavillóns da comarca para disputar o Torneo AFACO de fútbol - 6. Un Torneo entre 11 equipos e que se disputará a unha soa volta, nos meses de decembro, xaneiro e febreiro.

No primero encontro, recibían ós numantinos a visita do Cedeira. Xa se coñecían ambos equipos, xogaran no mes de novembro no Torneo de Fútbol - 8. Dous equipos fortes fisícamente que impuxeron un ritmo intenso e forte de partido dende os primeiros minutos.

No primeiro cuarto, moita loita e igualdade. Aínda que o Numancia tivo claras chegadas a portería rival, non houbo goles neste primeiro periodo.

No segundo envite, superioridade numantina e primeiro gol do partido nunha xogada individual de Isma.

No terceiro periodo houbo mais goles. Algún do Numancia e un do Cedeira marcado en propia porta por un xogador numantino.

No último cuarto, de novo superioridade numantina e un gol obra dun xogador do Cedeira en propia porta.

En resumo, foi un partido bonito, disputado e moi intenso. Demostrouse que o fútbol - 6 é un acerto. Esta modalidade ademais de permitir que participe un neno mais no xogo; facilita o contacto co balón e a participación en todas as xogadas po parte dos nenos. Foi un partido especial para ós xogadores do Numancia Mateo Martínez e para o senegalés Papa Omar. Estos dous xogadores debutaron neste partido nos Torneos AFACO coa camiseta do Numancia. Dous dos 6 pequenos xogadores do Numancia que aportaron a sua ilusión e inocencia e axudaron ós seus compañeiros mais maiores a facer un moi bo traballo neste partido. O africano Papa Omar, estivo a piques de conseguir un gol no seu début. Pouco a pouco todos irán vivindo experiencias novas e conseguindo novas metas. Paciencia.

Agradecer enormemente o esforzo feito polos compoñentes de Cedeira, xa que se desprazaron ata Ares un martes laborable para disputar connosco este partido de fútbol sala. Felicitalos polo seu compromiso e polo seu bo partido realizado.

Agradecer tamén a Aitor (pai de Dani) pola súa arbitraxe no encontro. Agradecemento extendido a todos os pais e nais que axudades nas distintas tarefas desta aventura (delegados, arbitraxe, fotografía...). A colaboración de todos e moi necesaria para que ós nenos e o Numancia non lles falte nunca de nada. ¡¡¡Así da gusto.

Proxima estación, pavillón de Miño (a o caron do Colexio de Miño) o próximo venres en horario prácticamente de Champions, ás 19:45. Horario nocturno para os biberóns numantinos nun partido onde estrearán ás súas equipacións azuis. E din que despois do partido irán comer unhas pizzas. Dende logo, ¡¡¡ven merecidas ás teñen¡¡¡

As fotos dos dous partidos, Cedeira e Miño poderán disfrutarse na páxina web durante o próximo fin de semana; por xentileza de Flor (nai de Aketx)

Vémonos o venres coa equipación azul ás 18:30 no Centro de Saúde de Ares para partir todos xuntos ata Miño.

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.