BIBERÓNS (F-7): G. CARANZA B, 2 - NUMANCIA, 0

O Numancia de Ares volve a marcar

Venres, 3 de Abril de 2009

César.

ALINEACIÓN: Samu Fernández,; Isma Medín; Migui Oliveira; Pablo Cartelle; Cris Fernández; Sergio Pena; Miguel Martínez; Martín Cepeda.

GOLES: Migui e Samu


COMENTARIO: Nunha boa tarde, o Numancia de Ares reencontrouse co fútbol nun partido no que temos que destacar a entrega dos rapaces/zas e a falta de cambios, que axudarían ao longo do partido.

Na primeira parte, a pesar dunha boa actitude e algunha ocasións, a defensa non estivo no seu sitio e facilitou 3 goles ao Caranza, que así logrou o primeiro punto en xogo.

Pero estes erros non tiveron continuidade no segundo tempo, onde ben plantados e colocados, con moita posesión e ocasións, que non se materializaron, chegouse ao final cun 0-0, grazas tamén ao porteiro numantino, Isma, con paradas de moito mérito.

E no 3º tempo, tras varios partidos, o Numancia logrou marcar un gol, en xogada entre Samu e Migui, con gol deste último; ademais tiveron moita posesión pero poucas ocasións, e de novo a defensa, que non estaba no seu sitio, facilitou o empate a 1-1.

No último tempo a pesar de aditantarse nunha xogada moi estraña, por medio de Samu, a falta de recambios dos visitantes, sumado ao cansanzo de todo o partido xogado a pleno sol, fixo que os/as nenos/as non mantivesen nin a concentración, nin a colocación e nos últimos intres do partido, en tres xogadas, o Galicia púxose 3-1 e o pitido do árbitro marcou o final dun partido que rematou cun 2-0 para os locais, pero que puido gañar o Numancia de Ares, de haber tido cambios suficientes. No final saúdos e aplausos, e a disfrutar das vacacións...

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.