BIBERÓNS (F-5): O FREIXO, 3 – NUMANCIA, 1

Bo partido con derrota dos numantinos

 

Xoves 2 de Abril de 2009

César.

ALINEACIÓN: Martín Cepeda; Raúl Maceira; Diego Fernández, Xan Garabana; Óscar Domínguez; Jaime Sánchez; Isma Medín; Pablo Cartelle, Cris Fernández


 GOLES : Isma (1 gol)


COMENTARIO: O Numancia platouse en Narón, coas ideas moi claras, e unha actitude totalmente oposta aos últimos partidos, nos que o equipo non estaba centrado no xogo, pero neste partido, desde o comenzo estiveron moi atentos, e o dominio do xogo, con moitísimas chegadas, e por momentos cerrando o rival no seu campo, mentres o equipo local, o Freixo non conseguía saír do seu campo, e así foi avanzando este tempo, ata que casi no remate do mesmo, na única xogada con perigo dos locais, e a contra, lográronse adiantar no marcador, e levarse o primero dos puntos en xogo.

No segundo tempo, máis do mesmo, con moito dominio numantino e tamén moitas recuperacións, ainda que poucas ocasións e novamente unha xogada illada, o Freixo voltou a levarse este tempo, e de novo, por 1-0.

O 3º tempo, foi o peor dos visitantes, que estiveron moi perdidos no campo, sen presionar e por momentos sen mirar sequera para o balón, ainda así o Numancia foi superior os locais, que novamente nunha xogada illada, logrou adiantarse e levarse, por 1-0, outro punto.

No último tempo, o partido estivo máis aberto e ambos equipos tiveron ocasións, pero neste tempo a sorte foi para os visitantes que, tamén por un solitario 0-1, logrado por Isma, levouse o punto en xogo, para un total de 3-1 a favor do Freixo.


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.