BIBERÓNS (F-5): NUMANCIA, 0 – R. SAN PEDRO, 4

O Numancia non opon resistencia ó San Pedro.

Mércores 1 de Abril de 2009

César.

ALINEACIÓN: Martín Cepeda; Raúl Maceira; Diego Fernández, Miguel Martínez; Óscar Domínguez; Pablo Cernada; Roi Rañales; Isma Medín; Pablo Cartelle, Cris Fernández.


COMENTARIO: Na xornada 10, o Numancia, xogando como local en Ares, estivo moi lonxe do seu mellor partido, e o San Pedro foi xusto gañador dun partido no que se adiviñaba o que podería pasar ao pouco de comezar.

E é que no primeiro tempo, con escasos 4 minutos xogados, os locais xa perdían por 0-3, e podían ser máis, pero o San Pedro perdonou moitas ocasións, mentres que o Numancia non podía nin acercarse ao porteiro dos visitantes, ni tan sequera conseguían facer dous pases, mentres o San Pedro seguía a xogar e logrou outros dous goles que poñían un 0-5 no marcador, e o primeiro punto para os visitantes.

No segundo tempo o Numancia saiu un pouco máis centrado, e defendeu mellor as acometidas visitantes, pero o seu ataque seguía sen pasar do medio do campo, e acabando esta parte, nos últimos momentos, un novo gol do San Pedro fixo que outro punto voase lonxe de Ares.

Pero o ben plantado que estivo no 2º tempo, non seguiu no 3º e voltaron os erros e fallos do primeiro, e o San Pedro aproveitouno para marcar 4 goles e levarse un novo punto.

E no último tempo, ainda que xogando un pouco mellor, novamente o San Pedro levouse o punto en xogo, merce a dous goles en xogadas de equipo, ante ó que os locais non poideron facer nada.

Destacar neste partido, a pouco atención dos rapaces/as aresáns ao xogo, xa que pasaban o tempo falando entre eles, ou atendendo a outras cousas, pero nunca ao balón nin ao xogo.

Ao final saúdos entre todos os nenos/as e aplausos para os máis peques da familia numantina.


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.