BIBERÓNS. NUMANCIA, 4 - X DE CABANAS, 0.
COMEZOU O ESPECTÁCULO
Primeiro partido de tempada da liga AFACO do equipo biberón da ADR Numancia de Ares.
Prados Vellos 27 de outubro de 2012.
NUMANCIA: David, Ángel, Aketx, Isma, Lucas, Hugo, Dani, Mateo, Iker, Raúl, Marcos e Mario.
Alá polo mes de setembro, o Numancia biberón disputaba dous Torneos amigables en Ares e Mugardos. A principios de este mes de outubro, comezaba a actividade oficial cos adestramentos semanais no pavillón. Este sábado 27 de outubro deu comezo a tempada oficial coa disputa do primeiro partido do Torneo AFACO de biberóns correspondente a 2ª xornada (na primeira tocara descanso) ante o Xuventude de Cabanas.
Nesta tempada, o Numancia biberón conta con 14 xogadores de último ano, do 2007. Continúan 9 xogadores da tempada pasada, namentras que 5 foron os xogadores do ano 2007 que se incorporaron na nova tempada. Ademais, 2 xogadores do ano 2007, Xerar e Hugo adestran e xogan habitualmente co equipo prebenxamín da entidade; algo curto de efectivos nesta nova tempada. Completan o equipo biberón do Numancia 5 xogadores do ano 2008 e un neno do ano 2009. Nada mais e nada menos que ¡¡¡20 xogadores¡¡¡ que trataran de disfrutar, facer amigos e aprender nesta nova aventura deportiva.
Centrándonos no partido deste sábado, xogaba o Numancia cos seus xogadores máis veteráns ante un Xuventude Cabanas moi curto de efectivos. Pouco podemos contar do partido, no que houbo igualdade nos primeiros minutos para posteriormente impor o equipo numantino o seu maior poderío físico e a súa maior frescura e claridade de ideas para levarse o partido de maneira moi cómoda. Como na tempada pasada, no Torneo AFACO de biberóns o que menos importa é o resultado. Son normas básicas a aprendizaxe, a diversión, o compañerismo, o respeto polo rival e a ilusión, ledicia e liberdade dos nenos. Normas que todos intentaremos cumprir nesta interesante, apaixoante e bonita aventura que nos levará ata o mes de xuño. De momento hoxe podemos dicir que comezamos ben, e que cumprimos con nota. Mandar ánimos e forza ós compañeiros do Cabanas para seguir potenciando os seus equipos de base e felicitar a todos os participantes do encontro. Agradecer tamén a Santi pola “arbitraxe” realizada neste partido. Todos aportaremos o noso gran de area para conseguir a felicidade dos nenos. Isto non fixo namais que comezar. Próxima estación, campo de fútbol de Gallamonde en Miño o vindeiro venres ás 18:00 h. ¡¡¡Toca seguir disfrutando¡¡¡
“NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO”
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡