BIBERÓNS (F-7): R. FERROL, 3 - NUMANCIA, 0

Os biberóns non gañan no fútbol-7

Venres, 27 de marzo de 2009

César.

ALINEACIÓN: Raúl Nogueras; Xan Garabana,; Isma Medín; Migui Oliveira; Pablo Cartelle; Cris Fernández; Jaime Sánchez; Lucas Arias; Martín Cepeda.


COMENTARIO: Na tarde do venres, na Malata enfrontáronse o Racing e o Numancia, nun partido con poucos efectivos en ambos bandos...e cun clima que foi empeorando a medida que o partido avanzaba.

Comezou o partido e ambos equipos loitan igualados no campo coas defensas no seu sitio e moita presión, pero escasas ocasións por ambas partes, e así seguiu o xogo ata que unha xogada de calidade dos locais, sumado a uns erros numantinos, subiu o 1-0 no marcador para o Racing, dándolle o primeiro punto.

No segundo tempo e no terceiro, ambos perdidos polo mesmo marcador, 2-0, o Numancia de Ares acusou a falta de cambios, e xa non estaban ben colocados, nin intentaban recuperar o balón cando o tiñan os locais, e cada vez custaba máis pasar do medio campo, salvo en xogada persoal de Xan ou Martín, pero sen continuidade no xogo.

E así, chegouse ao último tempo cun marcador definitivo, 3-0 a favor do Racing, e neste último tempo o Numancia logrou xogar un pouco mellor, chegando nalgunha ocasión e roubando moitos balóns. Destacar que nesta parte os/as nenos/as conseguiron non encaixar ningún gol, pero a mellorar a falta de remate, xa que novamente, e xa van algúns partidos, o Numancia de Ares non logrou marcar ningún gol.

No final charlas e saúdos entre os/as nenos/as e todos/as ás duchas a quitarse a suor de enriba e a tomar unha boa merenda.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.