BIBERÓNS (F-5): STª MARIÑA, 4 - NUMANCIA, 0

Mal partido contra o Santa Mariña

Xoves, 26 de marzo de 2009

César.

ALINEACIÓN: Martín Cepeda; Raúl Maceira; Jaime Sánchez; Diego Fernández, Miguel Martínez; Lucas Arias; Óscar Domínguez; Pablo Cernada; Migui Oliveira; Isma Medín; Pablo Cartelle.


COMENTARIO: O xoves, no pavillón de Santa Mariña en Canido, xogaron o Santa Mariña, como local, e o Ares, como visitantes, nun partido cun clarísimo dominio local, no que o Numancia a penas chegou un par de veces, e sen excesivo perigo á meta rival.

Tal foi a superioridade dos locais, que ademais da diferencia de idade, o Santa Mariña tivo o balón case todo o partido encerrando ao Numancia na súa área, da que saía nalgún despexe da defensa, un saque en longo do porteiro, ou ben cando recibia un gol e tocaba sacar do medio.

Polo demais moi mal, xa que os/as nenos/as se dedicaban a correr detrás do balón, a golpealo sen sentido, ou a charlar co compañeiro/a que estivese máis cerca, é dicir, a todo menos a atender ao balón e ao partido; ademais as poucas veces que atendían ao xogo, corrían todos xuntos sen manterse repartidos no campo, e así o Santa Mariña, con xogadas de 1, 2 ou 3 pases, plantábase só diante do porteiro, e na maioria dos casos lograba o gol.

Así os locais lograron levarse con autoridades, contundencia e moitos goles, os catros tempos, no que o Numancia non logrou ningún gol, nin tampouco trenzar algunha xogada de mérito.

No final os puntos quedaron na casa do Santa Mariña e houbo saúdos entre todos/as os/as nenos/as e a disfrutar da boa tarde deste xoves...

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.