BIBERONS. NUMANCIA, 2 - G. MUGARDOS, 0.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2011-2012. Numancia 2 - G. Mugardos 0. Prados Vellos 07/06/12.PECHOUSE O TELÓN EN ARES

Partido da 11ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol –8 disputado na tarde do pasado xoves en Prados Vellos ante numeroso público.


Ares 7 de xuño de 2012.

NUMANCIA: Juan, Brais, Aketx, Lucas, Axel, Hugo, Xerar, Dani, Isma, Sergio Gil e Sergio Feal.

Último partido oficial para ás categorías do Numancia en Prados Vellos. Serían os biberóns numantinos os que terían a honra de pechar o telón do fútbol oficial en Prados Vellos nesta temporada. Nada mellor para facelo que cun bonito derbi ante o Galicia de Mugardos coa presencia de numeroso público animando ós seus equipos.

Nos dous primeiros cuartos de partido, houbo moita disputa e unha lixeira superioridade do Numancia que non era quen de reflexala no marcador con goles.

Nos últimos dous periodos, chegaron ós goles por parte do Numancia. Uns goles que lle valeron para facerse coa anécdotica vitoria nesta partido da penúltima xornada do Torneo AFACO.

En definitiva, bonito partido o que nos ofreceron estos dous equipos, uns nenos numantinos e mugardeses que non parecen ós mesmos que comezaron a xogar alá polo mes de outubro. Non hai mellor premio que ese.

O Torneo AFACO biberón chegara o seu fin o vindeiro venres 15 de xuño en Cabañas. Alí, no magnífico campo de herba natural de A Veiga terá lugar a xornada de Clausura onde se disputará íntegramente a última xornada para finalizar con reparto de medallas para todos os participantes no Torneo AFACO biberón.

¡¡¡Vémonos polo tanto na festa do fútbol biberón o vindeiro venres en Cabañas¡¡¡ Non faltedes.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.