BIBERONS. NUMANCIA, 2 - G. MUGARDOS "B", 1.
¡¡¡QUÉ GOZADA¡¡¡
Partido da 17ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala disputado este xoves no pavillón de Ares ante numerosos afeccionados de ambos equipos.
Ares 3 de maio de 2012.
NUMANCIA: Juan, Brais, Iker, Xerar, Ángel, David, Lucas, Dani, Sergio Feal, Axel, Sergio Gil e Hugo.
Penúltimo partido do Torneo Afaco de fútbol sala para o Numancia biberón e último actuando como local, neste caso ante o Galicia de Mugardos “B”.
No primeiro cuarto, clara superioridade numantina que anotou varios goles que lle deron a vitoria nestre primeiro envite.
No segundo periodo, dominio do Numancia e moi boa defensa mugardesa. Houbo empate neste segundo cuarto.
No terceiro envite, foi superior ó Galicia que se levou este cuarto ante un Numancia algo despitado.
No último cuarto ó Numancia volveu a recuperar a sua boa línea e deleitou ós afeccionados presentes con bo xogo e un bo número de goles para levarse a vitoria neste cuarto e no partido.
Gran partido de biberóns o que nos ofreceron ambos equipos na tarde do xoves. No Numancia participaron neste partido todos ós xogadores disponibles do plantel, xa que era ó último encontro da tempada no pavillón de Ares. Por parte do Galicia de Mugardos “B” vimos a uns nenos que mostraron unha notoria melloría dende principios de tempada. Isto e unha boa nova para todos, xa que co paso dos meses podemos observar que no sur da ría, en Ares e Mugardos seguimos facendo canteira.
Como dicimos, este foi o último partido da tempada do Torneo AFACO de fútbol sala no pavillón de Ares. Dende a familia do Numancia biberón queremos agradecer a todos ós equipos que viñeron a xogar con nos ata Ares. Tamén agradacer a colaboración de Oscar Formoso, Genete e Jon na arbitraxe dos distintos partidos que se xogaron ó longo da tempada no noso pavillón. E por último, un aplauso e agradecemento moi forte a todos os país, nais, avós, familiares e público en xeral que acudiron a animar os nenos numantinos e tamén a aplaudir ós compañeiros dos demais equipos durante todo o Torneo. Todos eles foron ós culpables de que día tras día, partido tras partido poideramos vivir a festa do fútbol sala biberón. ¡¡¡Moitas grazas a todos¡¡¡
Agora ó Numancia biberón, afrontará a súa última semana de adestramentos no pavillón, para terminar o Torneo AFACO biberón de fútbol sala o vindeiro sábado 12 de maio no pavillón de San Martín do Porto en Cabanas ante o conxunto local.
Posteriormente, os adestramentos levaranse a cabo no campo de fútbol de Prados Vellos para preparar ás últimas xornadas do Torneo de fútbol 8 da AFACO así como tamén a disputa de diferentes Torneos dos que iremos informando puntualmente.
¡¡¡A seguir desfrutando¡¡¡
“NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO”
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡