BIBERONS. NUMANCIA, 3 - G. MUGARDOS 0.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2011-2012. Numancia 3 - G. Mugardos 0. Pavillón de Ares 22/03/12UN NOVO DERBI, UNHA NOVA FESTA

Partido da 12ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala disputado este xoves no pavillón de Ares ante moitos espectadores de ambos equipos.


Xoves 22 de marzo de 2012.

NUMANCIA: Isma, Juan, Axel, Brais, Hugo, Iker, David, Xerar, Lucas e Dani.

 

 



Novo partido do torneo de biberóns da AFACO, novo derbi entre bos veciños, Numancia e Galicia de Mugardos volvían a xogar pero desta volta por primeira vez na tempada no pavillón de Ares. Gran expectación, moitos foron os familiares, amigos e afeccionados en xeral que se acercaron a ver as evolucións dos nenos de ambos equipos e para axudarnos entre tod@s a vivir unha nova festa do fútbol biberón.

No primeiro cuarto de partido, moita igualdade nos primeiros minutos entre dous equipos que non daban ningún balón por perdido. Finalmente, ós numantinos conseguiron desequilibrar o resultado con un gol conseguido nos últimos intres deste envite, o que lle valía para vencer neste primeiro cuarto.

No segundo periodo, continou a igualdade entre os dous equipos veciños. Parecía un derbi dos de verdade, con moita loita e ilusión por parte dos xogadores. Non houbo goles neste segundo envite, que finalizou en empate.

No terceiro cuarto, o Numancia aproveitaba o seu maior banquillo ante un Galicia que acusaba un pouco o cansancio dos seus nenos. Foi superior o Numancia neste envite, vencendo con claridade e comodidade.

No último periodo, foi de novo superior un Numancia que fixo bonitas xogadas combinativas para agrado e satisfacción de todos ós asistentes. Os numantinos anotaron varios goles que serviron para vencer neste último cuarto. Salientar como nota anécdotica os “goles” conseguidos neste periodo polo Galicia de Mugardos. Goles “ilegales” gracias a pillería e simpatía dun dos seus xogadores que se empeñaba en meter o balón coas mans na portería numantina. Foi a nota graciosa e simpática deste novo derbi biberón.

En definitiva, bonito partido o que ofreceron ambos equipos o numeroso público presente no pavillón aresán. Vanse notando ós meses de traballo e coa chegada da primavera as flores deportivas dos nenos florecen e os mais pequenos deleitannos cos seus progresos a pasos axigantados e coa súa melloría. Era cuestión de traballo e moita paciencia. Pero aínda queda camino por andar.

Na vindeira semana, os nenos numantinos afróntaran un dos partidos mais compricados da tempada. O martes as 17:30 no pavillón de Ares o Numancia biberón “enfrontarase” o equipo das SUPERMAMÁS do Numancia biberón. Igual que sucederá xusto antes das vacaccións de Nadal, as nais porán a proba os progresos dos seus propios fillos retándoos a un novo partido de fútbol sala. O anterior rematou en empate. O próximo martes estamos seguros de que os nenos acadarán a vitoria. Independentemente do resultado, nais, nenos e familiares desfrutarán despois dese bonito partido dunha nova merenda no local do patrocinador do equipo RESTAURANTE ABEL ás 19:00.

Por último, ó xoves 29 os nenos non faran folga e como premio ó bo traballo neste trimestre, adestrarán se o tempo o permite no campo de fútbol do Numancia en horario habitual, antes de coller unhas merecidas vacaccións de Semana Santa.

¡¡¡A SEGUIR DISFRUTANDO¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.