BIBERONS. NUMANCIA, 1 - XUVENTU DE CABANAS, 1.
CUESTIÓN DE ALTURA
Partido correspondente a 9ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala disputado o xoves no pavillón de Ares ante numerosos espectadores de ambos equipos.
NUMANCIA: Juan, Isma, David, Ángel, Xerar, Dani. Brais, Hugo, Axel e Sergio Gil.
Chegaba un novo partido do Torneo AFACO de fútbol sala. Nesta ocasión, os numantinos tiveron que tirar de todos os seus efectivos mais veteráns para medirse a un Cabanas corpulento e que contaba nas súas filas con algún xogador xa en idade prebenxamín.
Foi un partido moi físico e igualado, no que David (Numancia) loitou contra Goliat (Cabanas) conseguindo igualar por momentos ás forzas a base de ilusión, ímpetu e moita coraxe.
Nos dous primeiros cuartos, o dominio foi visitante. O Numancia defendíase con forza dos ataques visitantes. Non houbo goles, algo sorprendente, nos dous primeiros envites, que terminaron en empate.
No terceiro cuarto foi superior o Cabañas, anotou dous goles e levouse este envite con claridade ante un Numancia que se viu desbordado por momentos.
No último cuarto, foi o Numancia o que levou a iniciativa, e nos últimos minutos do mesmo conseguía anotar dous goles por medio da artillería pesada do equipo, que respondeu a esixencia visitante e conseguiu empatar o partido e igualar ás forzas. De esta forma o partido rematou con dous goles conseguidos por cada un dos equipos, e dicir, co resultado en cuartos de Numancia 1 Xuventude de Cabanas 1.
Como védes, foi un partido díficil e esixente para os nosos xogadores. Un partido dos que gusta xogar, dos que se aprende. O Numancia mediu ás forzas cun adversario que sabia o que facía na pista e que tiña clara superioridade no aspecto físico. Aínda que por momentos os nenos do Numancia amedrentáronse; finalmente conseguiron sacar ese espíritu numantino que xa empeza a florecer desde biberóns para igualar ás forzas, ofrecer unha gran imaxe e levar a ledicia e a satisfacción a gran aficción numantina.
Agora e tempo para seguir cos adestramentos e co Torneo AFACO de fútbol sala, onde esperamos poder vivir mais partidos tan emocionantes e díficiles como o de este xoves, para así poder seguir aprendendo.
A vindeira semana o Numancia adestrará martes e xoves. Na seguinte, adestrará o martes 13 (tocamos madeira), xogará o xóves 15 o partido correspondente a 10ª xornada ante o Rápido de Neda en Ares e xogará tamen ante a SD Val o partido da 11ª xornada do Torneo AFACO de fútbol sala o venres 16 ou o sábado 17 en terras valexas.
Como podemos observar, contínua a frenética actividade para os nosos biberóns numantinos. Polo tanto, ¡¡¡A SEGUIR DISFRUTANDO¡¡¡
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡