COMARCAL A FERVENZA FSF - NUMANCIA DE ARES ADR.

ADR Numancia de Ares. Biberóns 2011-2012. A Fervenza - Numancia. Pavillón Narón 27/01/12.UNHA EXPERIENCIA ESPECIALMENTE BONITA

Partido amigable disputado na tarde do pasado venres no pavillón de Piñeiros en Narón ante un bo número de aficionados de ambos equipos.

NUMANCIA: Juan, David, Brais, Axel, Xerar e Hugo.

Na tarde do venres, o Numancia biberón xogou un partido especial. Visitaban os nenos mais experimentados a un equipo de “peques” do Comarcal A Fervenza, integrado por tres nenas de 5 anos, unha nena de 6 anos e unha nena de 7 anos. Como védes, os nenos numantinos xogaban por primeira vez contra un equipo femenino, na que algunhas das rapazas superaban a idade establecida para ós biberóns. Os numantinos sabían de antemán que terían un partido especial.

Foi un encontro moi esixente para ambos equipos. Ó Numancia biberón encontrouse un rival moi diferente a
Comarcal A Fervenza FSF - Numancia de Ares ADRos que se atopa durante o curso ligueiro. Un Comarcal A Fervenza superior físicamente, e que xogaba o balón con moi bo criteiro obrigando aos numantinos a loitar por cada balón e defender como nunca o fixeran ata o de agora. A esixencia do rival tamén motivou que ós nenos numantinos non poideran abusar do xogo individual, tendo que insistir no xogo colectivo, buscando a boa axuda dos seus compañeiros de equipo para poder chegar a portería contraria. Ós numantinos souberon xogar en equipo e ofreceron ós espectadores bonitas xogadas combinativas; que non sempre tiveron o premio do gol. Pola sua parte, o Comarcal A Fervenza facía xogadas algo menos elaboradas, pero con moito impetu e moita forza conseguindo tamén varios goles no partido.

Foi un partido moi positivo a nivel deportivo para os dous equipos. Como dicíamos, o Numancia poido enfrontarse a un rival forte, que obrigou aos experimentados nenos numantinos a empregarse
a fondo. Por contra ó Numancia foi un bo rival para A Fervenza, para unhas nenas que están progresando a pasos axigantados no fútbol sala.

O mellor do partido foi ó aspecto social. Os nenos poideron comprobar in situ, e aprender que ás nenas tamén saben xogar ó futbol. Non so saben xogar, senón que son capaces de facelo igual ou mellor que ós nenos. Ós numantinos viviron unha nova experiencia nas súas curtas vidas deportivas, un partido especial no que ambos equipos desfrutaron moito e deron moito espectáculo futbolístico o numeroso público asistente.

Dende aquí, queremos agradecer o Comarcal A Fervenza Fsf, un club modelo no traballo do fútbol sala feminino en Galicia (1 equipo senior en división de Plata, 1 equipo senior na Liga Provincial, 1 equipo Infantil, 1 equipo Benxamín e 1 equipo de Peques) a súa referencia co Numancia biberón convidándonos a xogar un partido na súa casa. Dende aquí queremos agradecerlles o trato recibido, esperando poder repetir a experiencia no futuro.

En canto ó Numancia biberón, terá o próximo adestramento o vindeiro martes en horario habitual para reanudar a “competición” de Liga AFACO de fútbol sala o vindeiro xóves 2 de febreiro ás 17:45 ante a SD Val “B” no polideportivo municipal de Ares.

Atoparedes unha crónica do partido ante o Comarcal A Fervenza, así como tamén toda a información acerca deste simpático club de fútbol femenino en:

http://www.afervenzafsf.tk/

Tamén podedes ver unha GALERÍA DE FOTOS do encontro no perfil de Facebook – COMARCAL A FERVENZA FSF

¡¡¡ A SEGUIR DESFRUTANDO¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.