BIBERÓNS (F-5): NUMANCIA, 3 – A SOLAINA, 1

Os biberóns comezan a 2ª volta con vitoria.

Mércores, 11de marzo de 2009

César.

ALINEACIÓN: Raúl Nogueras, Lucas Arias, Raúl Maceira, Martín Cepeda, Óscar Domínguez, Philip Mack, Diego Fernández,Miguel Martinez, Pablo Cernada, Xan Garabana, Jaime Sánchez.


GOLES: Xan (4)


COMENTARIO: O mércores 11 de marzo, no pavillón de Ares, na xornada 8, comezou a segunda volta do Campionato de Fútbol-Sala e os biberóns, ao igual que na xornada inaugural lograron a vitoria.

Nun partido onde os protagonistas foron os máis peques do grupo, o Numancia de Ares logrou 3 novos puntos ao vencer á Solaina por 3-1, pero no partido houbo poucos goles....

No primeiro tempo adiantouse A Solaina nunha xogada rápida, mais foi a única de que dispuxo neste tempo, no que os locais, cun xogo bastante embarullado, non deixaron de atacar, e foi Xan por dúas veces o que deu o primeiro punto aos locais. No segundo tempo a sorte caeu do lado dos visitantes, e con dous goles cando quedaba pouco tempo para o remate, levou o empate ao partido.

E nos dous últimos tempos, con goles de Xan, un en cada tempo, deulle o 3-1 final ao Ares, nun partido onde temos que descatar algúns momentos de bo xogo; nas gradas do pavillón, os familiares non deixaron de animar aos rapaces e rapazas dos dous equipos, no remate aplausos e saúdos para todos/as

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.