BIBERÓNS. NEDA, 2 - NUMANCIA, 2

A FESTA CONTINÚA
Partido disputado na tarde do venres en Neda correspondente á 3ª xornada do Torneo AFACO de fútbol 8, no que nedenses e numantinos mediron as súas forzas.
Ares, 11 de novembro de 2011
No Numancia participaron desta vez os seguintes xogadores:
 
NUMANCIA: Juan, David, Brais, Axel, Xerar, Hugo, Aketza, Sergio Gil, Dani, Sergio Saavedra, Isma e Iker.
 
Sen tempo para recuperarse do esforzo e das sensacións do debut do xoves ante o Val, chegaba para o Numancia biberón o segundo partido do Torneo Afaco, en Neda, ante o equipo local.
 Neste partido, os numantinos tiveron un rival máis veterano que no partido anterior. Saíu moi forte o Neda no primeiro cuarto, o que lle valeu para gañar o mesmo.
 No segundo cuarto os nenos numantinos espertaron, déronse conta de que tiñan outra boa oportunidade para desfrutar do fútbol; e rapidamente obsequiaron ós presentes con fútbol de ataque, xogadas combinativas e goles. Este bo momento dos numantinos traducíuse na vitoria no segundo cuarto. No terceiro cuarto seguían os numantinos moi metidos no encontro; levándose tamén o gato a auga nestes terceiros 10 minutos. Por último, puidemos vivir un cuarto final moi desputado por parte de ambos equipos, no que un precioso gol dun xogador local decantou este último cuarto a favor do Rápido de Neda. Polo tanto, dous cuartos para cada un, 2-2 no marcador final do partido.
 
 Neste encontro, como dicíamos, os xogadores numantinos tiveron que poñerse o mono de traballo. Loitaron, desfrutaron e non se amilanaron ante un bo rival, que xa tiña algunha experiencia máis que os numantinos nisto de xogar partidos de fútbol. Bo papel dos 4 xogadores máis veteráns, que pouco a pouco van ensinándolles e axudando moito ós 11 xogadores máis pequenos cos que conta este renovado Numancia biberón. Uns “peques”, que están sorprendento a todos coa súa ilusión, a súa loita e coas súas maneiras cando se trata de xogar un partido de fútbol. Agora toca descansar un pouco, para retomar os adestramentos o vindeiro martes. A próxima semana, se o tempo o permite, xogaremos a xornada 4 do Torneo AFACO diante do Narón en Prados Vellos.
 
¡¡A seguir desfrutando¡¡¡ ¡¡¡A seguir animando¡¡¡
 
 
¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.