BIBERÓNS. XORNADA DE CLAUSURA
PROTAGONISTAS: OS NENOS
Narón A, Narón B, Neda, A Solaina, O Val e Numancia estarán este venres en Prados Vellos cos máis peques.
Ares, 24 de maio de 2011
O vindeiro venres, 27 de maio terá lugar en Prados Vellos a xornada de clausura da temporada de biberóns organizada pola AFACO. Desde o mes de novembro os máis pequenos tiveron, semanalmente, partidos de fútbol-sala e fútbol-7, sen ter carácter competitivo, co único obxectivo de xogar, participar e divertirse.
O calendario de partidos e actos para esta xornada festiva, na que tamén colabora o concello de Ares, comezará ás 16.45 h. e rematará ás 19.00 h.
Os primeiros partidos, sinalados para as 16.45 h. son estes:
Campo A: Narón A – Neda
Campo B: O Val – Narón B
Ás 17.30 h. xogarase o último partido entre o Numancia e A Solaina.
Ao remate dos partidos, aproximadamente ás 18.15 h. cada participante recibirá unha medalla, doada polo concello de Ares.
Finalmente, todos os nenos disfrutarán dunha merenda na cantina do Numancia.