BIBERÓNS. NUMANCIA - NEDA

ADR Numancia de Ares. Biberóns 2010-2011. Numancia - Neda. Prados Vellos.POSTA DE LONGO DOS BIBERONS EN PRADOS VELLOS.

Unha vez rematado o Torneo de Fútbol Sala organizado pola AFACO, retómase o Torneo de Fútbol - 7.

Este Torneo, xa se iniciara alá polo mes de outubro de 2010, rematándose a primeira volta do mesmo a finais de novembro. A próxima semana retómase a competición cos partidos de volta. Pero antes de inicialos, os de Ares terán que disputar o partido correspondente á primeira xornada do Torneo, que no seu día se tivo que aprazar por causa do mal tempo Aa posta de longo dos biberóns en Prados Vellos nesta nova experiencia, terá lugar o próximo, luns 21 de marzo, ás 16:30 horas, co partido "NUMANCIA - NEDA.

Xa o venres 25, ás 17:00, celebrarase no campo Municipal de Neda o partido de volta, correspondente á 6ª xornada do Torneo de Fútbol - 7 organizado pola AFACO, onde os de Ares terán que volver baterse de novo co Neda, pero nesta ocasión no seu feudo.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.