BIBERÓNS. NUMANCIA, 2 - A SOLAINA, 2

ADR Numancia de Ares. Biberóns Numancia 2 - A Solaina 2. Pavillón de Ares.

EMOCION ATA O FINAL
Partido pelexado polos dous conxuntos que loitaron ata o ultimo segundo para acadar a vitoria. Finalmente a cousa quedou en tablas.

 

Ares, 15 de febreiro de 2011.

Polo Numancia xogaron: Israel, Marcos Rey, Carlos, Izan, Marcos Margharetto, Iván, David, Iker, Brais e Axel.
Encontro disputado no Pavillón de Ares baixo atenta mirada de numeroso público nas gradas que siguiu as evolucións dos mais pequenos, os que se empregaron a fondo para dedicia dos afeccionados. Comezou o choque cos dous equipos un pouquiño tímidos, decidíndose o final do primeiro cuarto cun solitario gol dos de Ares, o que lles permiteu adxudicarse o primeiro tempo. No segundo a Solaina empregouse no bo facer e impuxose por un tanteo de 0 – 2, establecendo a igualada no marcador parcial. No terceiro cuarto, como si dun partido de tenis se tratara, foi ó Numancia o que lle tocou esta vez, acabando cun resultado favorable, tamén de 2 – 0. E xa no ultimo cuarto, o mais igualado de todos, decidiríase nos segundos finales cun marcador no luminoso de 1 – 2 favorable a Solaina. O final dous cuartos para cada equipo, polo tanto 2 – 2 no marcador final, resultado que contetou os dos conjuntos.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.