BIBERÓNS. BARALLOBRE, 1 - NUMANCIA, 0

ILUSIÓN ATA O FINAL

Moita igualdade neste partido de fútbol-sala disputado no pavillón de San Valentín.

Ares, 28 de xaneiro de 2011
O primeiro cuarto (5 – 0) foi de claro dominio do Barallobre que superou claramente aos aresáns.
No segundo cuarto, co bo facer e ao ir entrando en xogo os nenos do Numancia, acabaron con empate a dous goles.
No terceiro cuarto seguiu a mesma igualdade e repetiron o resultado do cuarto anterior, empate a dous goles.
Xa no último cuarto, dominio do Numancia que non se reflectiu no marcador. Moitas ocasións favorables aos nenos de Ares, pero finalizou este período con empate a un tanto.
Por tanto, vitoria final do Barallobre. Ánimos para todos os nenos do Numancia biberón e parabéns polas gañas que están poñendo, amosando unha implicación total.
O próximo partido disputarase o mércores, 2 de febreiro na cancha de A Solaina.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.