BIBERÓNS: R.SAN PEDRO, 3 - NUMANCIA, 0
O Numancia non pode gañar no partido aprazado polo temporal.
Vernes, 6 de febreiro de 2009
César
ALINEACIÓN: Raúl Nogueras, Xan Garabana, Isma Medín, Migui Oliveira, Pablo Cartelle, Jaime Sánchez, Diego Fernández, Pablo Cernada, Martín Cepeda, Raúl Maceira.
COMENTARIO : Por fin logrouse xogar un partido que o temporal que asola Galicia nas últimas semanass fixo aprazar dúas veces, pero á terceira vai a vencida, e encontráronse o Racing San Pedro como local, e o Numancia de Ares como visitante, e despois dun primeiro tempo no que os nenos do Numancia xogaron ben, mais non lograron marcar, a pesar de dispor de varias ocasións para facelo; o San Pedro recompúxose no segundo e no terceiro tempo, no que aproveito as súas ocasións, mentres os visitantes seguían a errar as súas. Co que chegamos ao último cuarto, co partido resolto, e novamente o Numancia xogando ben mereceu marcar algún gol, pero unhas veces a precipitación, outras o propio San Pedro, e outras simplemente a mala sorte, evitaron o gol dos visitante, e pola súa parte os locais, moi efectivos cara a porta, aproveitaron unha ocasión aillada que fixo subir un 3-0 ao marcador final do partido.
Foi un bo partido, no que cun pouco de sorte ao principio para o Numancia, o resultado podería ser outro, pero o importante é que os nenos comezan a xogar como equipo, e a falarse entre eles durante o partido, e así disfrutan máis do fútbol.
INCIDENCIAS: Partido xogado no Pavillón do Ensanche, no Inferniño (Ferrol)