BIBERÓNS. O VAL, 0 - NUMANCIA, 3

SDR Numancia de Ares. Biberóns 2010-2011. O Val 0 - Numancia 3. SindeESCASOS PERO INCANSABLES

Vitoria dos de Ares no ultimo encontro da primeira volta do Torneo de fútbol – 7.


O Val, 26 de novembro do 2010.

NUMANCIA: Izan, David, Marcos Rey, Xerar, Marcos, Iván e Carlos.

Última xornada da primeira volta do Torneo AFACO de biberóns, no que o Numancia visitaba as instalación de O Sinde na parroquia naronesa de O Val para xogar ante o equipo local.
Nunha tarde fría pero asollada e apacible, xogaron ós nosos pequenos ante O Val. Foi un partido bonito, con moitas ocasións para ós dous equipos e con bastante continuidade no xogo, sen moitos paróns, soamente algúns propios das anécdotas da categoría. Neste partido o Numancia soamente poido contar con 7 xogadores, os xustos, 7 “guerreiros” que pelexaron ata o final de maneira incansable. Bo xogo colectivo do Numancia, intentando chegar a portería contraria mediante pases, incentivando desta maneira a participación de todos os rapaces do equipo nas xogadas ofensivas. A diferencia do resultado foi debido a maior corpulencia dos nosos nenos e o maior acerto de cara a portería contraria.
Polo tanto, unha nova experiencia, unha nova festa do fútbol para os nenos dos dous equipos. Proba do que o desfrutan, e que cando o árbitro asubía o final do encontro todos ós nenos seguen detrás do balón, sen ninguna intención de ir cara os vestuarios. Outra xornada de fútbol e amizade para ós rapaces.

Con este partido, remata a primeira volta do Torneo de fútbol – 7, quedando pendentes os encontros Numancia – Neda e Numancia – Narón debido as malas condicións climatolóxicas das pasadas semanas. A competición de fútbol – 7 reanudaráse no mes de marzo, non descartándose a celebración dos partidos aprazados antes do citado mes.

Agora e o turno para o fútbol sala. Toca xogar nos pavillóns da comarca, ante os equipos do Naron, Neda, A Solaina, Barallobre, O Val, Narón ”B” e Neda “B”. Unha liga a dobre volta que comeza este martes as 17:30 no polideportivo de Ares co encontro entre o Numancia e o Neda e rematará o último fin de semana do mes de febreiro.

¡¡¡A seguir disfrutando cos nenos e co fútbol¡¡¡, ¡¡¡vémonos o martes as 17:30 no pavillón¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.