AFECCIONADOS. CEDEIRA, 1 - NUMANCIA, 2

O NUMAN SEGUE SUMANDO PUNTOS
Trixésima xornada de liga disputada en Cedeira. Continúa a racha e o equipo trae para Ares outros tres puntos que o sitúan na quinta posición. Cedeira, 11 de abril de 2010
ALINEACIÓNS:
CEDEIRA: Pablo (Jesús, m. 46); Pipo, Arturo, Sancho, Bote, Pana (Bruno, m. 69), Román, Adrián, Pimo, Alfredo (Nes, m. 69) e Yago
NUMANCIA: Kiko; Costa (Borja, m. 66), Teti, Antón, Jauma (Vicente, m. 51); Oli, Dani (Rubén, m. 46), Jose (Edu, m. 68), Javi; Manu e Carlos (Julio, m. 71).
ÁRBITRO: David Brito. Moitos cartóns para os dous equipos: seis para o Cedeira e sete para o Numancia. Nos locais, Pablo, Bote, Adrián, Pimo e Arturo, este último en dúas ocasións, foron amoestados; polos visitantes, Jauma, Oli, Jose, Javi, Vicente e Julio tiveron cartóns amarelos e ademais, Juan Alberto foi expulsado.
GOLES:
0 – 1  (m.31): Manu
0 - 2  (m.55): Javi
1 – 2 (m.61): Pimo
MINUTO A MINUTO:
PRIMEIRA PARTE:
m. 3: Tiro de Javi moi desviado.
m. 9: Falta que lanza Dani e rexeita a defensa.
m.10: Balón que chega a Javi e tira ás nubes.
m. 12: Lanzamento de Yago por fóra.
m. 15: Falta que saca Yago; rexeita Oli; o balón vai para Pimo que centra e para Kiko.
m. 21: Sancho lanza unha falta, rexeita Antón e, outra vez Pimo, dispara moi desviado.
m. 24: Javi estrela o balón na defensa a saque de falta.
m. 25: Falta ao borde da área que tira Dani,  chapando o porteiro local.
m. 29: Pase de Teti para Carlos que, tras regatear, tira desviado.
m. 30: Ocasión para o Numancia nun balón lanzado por Dani ao que non chegaron nin Carlos nin Manu.
m. 31: GOOOOOOOOOOOOOOOOL DE MANU! CEDEIRA, 0 – NUMANCIA, 1: Tiro de Manu desde uns corenta metros que supera a un porteiro local que estaba adiantado e que ademais caeu no seu intento de recuperar a posición, correndo cara atrás.
m. 35: Balón de Yago á banda, centra Román e despexa Costa.
m. 38: Recuperación no medio campo do Cedeira, pase de Yago e corte de Antón a banda.
m. 42: Entrada de Pimo por banda, centro, Adrián deixa pasar o balón e Yago, só, tira alto, por riba do traveseiro.
m. 43: Expulsión de Juan Alberto por dicir: “Ja, ja”, cando o árbitro amoesta a Javi.
SEGUNDA PARTE
m. 1: Balón que mete Rubén á área e Manu non chega.
m. 2: Balón que non chapa Kiko e Román tira fóra.
m. 6: Pase de Costa a Javi; este entra na área e perde o balón.
m. 10: GOOOOOOOOOOOOOOOOL DE JAVI!. CEDEIRA, 0 – NUMANCIA, 2: Pase en profundidade de Oli para Jose, centro e remate de cabeza de Javi.
m. 12: GOOOOOOOOOOOOOOOOL DE PIMO!. CEDEIRA, 1 – NUMANCIA, 2: Perda de balón de Teti no borde da área e Pimo, coa zurda, bate a Kiko cun disparo seco.
m. 15: Entrada de Yago por banda, dribla a Costa, centra e Pimo tira fóra.
m. 17: Vicente para Manu que controla e dispara alto, por riba do traveseiro.
m. 23: Balón de Javi para Manu, control na área e disparo moi desviado.
m. 30: Pase de Borja para Julio que, dentro da área, deixa para Javi e disparo deste último moi desviado.
m. 31: Vaselina de Manu que sae alta.
m. 32: Bo despexe de Vicente nun centro de Yago.
m. 33: Ocasión de gol moi clara para o Numancia nunha gran xogada de Javi na que, trar driblar ao porteiro, tira e cando o balón entraba chega un defensa e salva o gol.
m. 34: Lanzamento de falta de Borja que obriga a Jesús a realizar unha gran parada.
m. 37: Internada de Rubén que finaliza nun centro que sae fóra.
m. 40: Outra falta lanzada por Borja provoca, tras un desvío da defensa, ques Jesús envíe a córner o balón.
m. 45: Outra boa parada de Jesús, nesta ocasión co pé, a tiro de Julio.
m. 47: Na última xogada do partido, Rubén envía ao lateral da rede tras recibir un pase de Julio.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.