AFECCIONADOS. VALDOVIÑO, 1 - NUMANCIA, 1

NON TIVEMOS PUNTERÍA
Vixésimo oitava xornada de liga disputada en Mourente. Mágoa das oportunidades desperdiciadas e reparto de puntos entre dous equipos situados nunha posición cómoda na táboa.

 Valdoviño, 21 de marzo de 2010
ALINEACIÓNS:
VALDOVIÑO: Carlos; Esteban, Veiga, Juan, Raúl, Ángel, Steven (Diego, m. 67), Rubén, Álex, Félix e Bruno (Alberto, m. 60).
NUMANCIA: Kiko; Costa (Bule, m. 45), Pedro (Carlos, m. 64), García, Jauma, Teti, Javi, Oli, Borja (Dani, m. 83), Julio (Rubén, m. 86); Manu.
ÁRBITRO: Aarón Casal Rodríguez. Tres amoestados no Valdoviño: Raúl, Ángel e Steven; no Numancia, García e Julio.
GOLES:
1 – 0 (m.37): Félix
1 – 1  (m.45): Oli.
MINUTO A MINUTO:
PRIMEIRA PARTE:
m. 1: Tiro de Borja desde fóra da área, desviado, pegado ao pau.
m. 3: Córner que saca Julio e remate de volea de Manu, fóra.
m. 7: Balón que recibe Raúl e dispara desde fóra da área, desviado, por riba do traveseiro.
m. 12: Pase a Bruno, fallo no despexe de Costa e disparo que chapa Kiko, sen problemas.
m. 15: Xogada do Numancia: centro de Manu, erro do porteiro no despexe; Javi pasa a Julio e disparo que para o gardarredes local.
m. 16: Balón que saca desde o seu campo García finalizando cun disparo desde o borde da área que sae alto.
m. 19: Balón en profundidade de Borja para Manu pero anticípase o porteiro local.
m. 21: Borja saca unha falta e Javi remata moi desviado.
m. 22: Tiro de Julio que chapa o porteiro en dous tempos.
m. 23: Outro disparo de Borja desde fóra da área que sae rozando o poste.
m. 31: Julio recolle un balón en medio campo e o seu disparo é desviado a córner por Carlos, nunha gran intervención.
m. 33: Balón de Borja para Julio que desde a liña de fondo centra, parando o porteiro.
m. 37: GOOOOOOOOOOOOOOOOL do Valdoviño. 1 – 0. Félix saca unha falta e Manu rexeita de cabeza; o rechace vai parar a un xogador local que centra e, Félix, adiantándose a Pedro, supera a Kiko cunha vaselina.
m. 41: Outro remate de Félix que, nesta ocasión, para Kiko.
m. 42: Borja lanza unha falta e tras o fallo do porteiro, Manu ve como o seu disparo marcha fóra.
m. 45: GOOOOOOOOOOOOOOOL DO NUMAN. 1 – 1 . Falta lanzada por Borja e remate de Oli de cabeza, só diante do porteiro.
SEGUNDA PARTE
m. 1: Pase a Manu que dispara e para o porteiro.
m. 6: Pase de Julio para Manu; este entrega a Borja que obriga a Carlos a enviar a córner o seu lanzamento.
m. 8: Pase de Veiga a Ángel que ante a saída de Kiko, centra e despexa Jauma a córner.
m. 9: Pase de Javi a Julio que centra por baixo; o defensa tírase e consegue frear o balon e despexa.
m. 13: Falta lanzada por Borja que sae fóra pegada ao poste.
m. 14: Centro de Bule ao que non chegue ninguén.
m. 16: Falta a favor do Valdoviño que remata en córner.
m. 18: Balón ás costas da defensa aresá e vaselina de Alberto que sae fóra.
m. 27: Boa combinación visitante: pase de García a Julio, control no banderín de córner; pase atrás para Javi e centro a Borja; control e disparo que roza o poste.
m. 30: Disparo de Julio, desviado.
m. 32: Centro de Borja e Julio, só, remata de cabeza fóra, pegado ao poste.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.