AFECCIONADOS. ORTIGUEIRA-NUMANCIA. CONVOCATORIA
RECUPERAMOS OS PORTEIROS
Unha vez máis as lesións e as sancións condicionan a convocatoria do equipo de Juan Alberto.
Ares, 6 de marzo de 2010
Para o desprazamento a Ortigueira, Juan Alberto puido completar nesta ocasión a convocatoria sen necesidade de botar man de xogadores doutra categoría. A destacar o regreso dos dous porteiros e a volta de García, unha vez cumprida sanción. Pola contra, o Numancia acusará a ausencia de Vicente (fóra de Ares, por motivos laborais) e de Jose (lesionado no partido anterior) e tampouco poderá contar cos sancionados Costa e Pedrito, nin con Fernando que segue lesionado.
Súmase á convocatoria Borja a pesar de non estar totalmente recuperado do golpe recibido no partido contra o Cebarca.
A relación completa é esta:
Porteiro: Sergio e Kiko.
Defensas: Jauma, Pedro, García, Antón, Bule.
Medios: Teti, Dani, Julio, Oli, Borja e Javi.
Dianteiros: Manu, Rubén e Carlos.